Sada celebra a VII Festa da Xiba este fin de semana

25 / MAI / 2016

Sada celebra a VII Festa da Xiba este fin de semana

-A Festa da Xiba celebrarase do venres 27 ao domingo de maio en 32 establecementos hostaleiros sadenses.

- A concellaría de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente, dirixida por Xosé Lois Suárez Becerra, repartirá gratuitamente entre os locais participantes 600 quilogramos de xiba.

-A degustación de tapas de Xiba nos locais participantes será gratuíta e se elaborarán na súa maneira tradicional pero tamén en tosta, rebozada, con fabas ou en mini-burguer.

- Folleto Xiba con locais participantes, horario e tapas

- Folleto Xiba Rutas

Sada 25 maio 2016.

Fiel á súa cita desde o ano 2009 este fin de semana celebrarase a VII Festa da Xiba de Sada. Un total de 32 establecementos hostaleiros do termo municipal paraticiparán nunha ruta gastronómica "á que sumaranse outras nas que se está traballando e coas que se agarda enriquecer e potenciar á oferta hostaleira de Sada" sinala o concelleiro de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente, Xosé Lois Suárez Becerra.

A concellaría repartirá gratuitamente un total de 600 quilogramos deste molusco cefalópodo entre os locais apuntados a esta festa gastronómica que xunto coa sardiñada do mes de agosto representan as citas gastronómicas máis importantes de Sada.

Desde a concellaría de Promoción Económica agradecen á confraría de Sada a colaboración prestada e animan a todos os veciños e visitantes a degustar un dos produtos máis singulares da nosa zona que se preparará de numerosas maneiras nesta edición.

Os locais participantes elaborarán tapas que repartirán de maneira gratuíta durante o fin de semana que dura a festa gastronómica. Entre as propostas que presentan os locais moitas son realizadas na súa maneira tradicional (xiba en tinta, xiba con arroz, xiba con fideos ou xiba en tarteira) pero tamén nesta edición preséntanse novas interpretacións de pratos co cefalópodo como pode ser en tosta, xiba rebozada, xiba con fabas, mini-burguer de xiba ou ceviche de xiba. 

Reunión cos hosteleiros.

Para preparar esta nova edición da Festa da Xiba a Concellalía de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente, organizou unha reunión cos hostaleiros e o tecido asociativo de Sada o pasado mes de marzo. Na mesma se deu a coñecer o programa de actuacións que vanse realizarán este fin de semana.

Segundo explica o concelleiro de Turismo, Liss Becerra, a Festa da Xiba, e “unha das citas máis importantes dentro da gastronomía local, e forma ademáis un elemento diferenciador dentro do panorama culinario da comarca, no que se pretende promover un producto típico da ría no que traballa un número considerable de mariñeiros sadenses, e cumprir cos obxectivos de revitalizar a restauración, a elaboración e venda do produto, e combatir a desestacionalización no municipio poñendo en valor os elementos gastronómicos que definen a Sada coma un dos principais destinos turísticos da comarca”.

O concelleiro de Turismo agradece ademais, a inestimable colaboración da “Cofradía de Pescadores, da Reserva da Biosfera Mariñas-Betanzos e do Grupo de Acción Costeira golfo Ártabro”

Arquivado en