Sada celebra a I Feira Ágora Verde de producto ecolóxicos certificados de Galicia

01 / AGO / 2016

Sada celebra a I Feira Ágora Verde de producto ecolóxicos certificados de Galicia

- Segundo o concelleiro de Medio Ambiente a feira “nace co obxetivo de fomentar o consumo saudable e en circuítos curtos de produción aínda que a vocación é medrar para instaurarse coma una costume de referencia na mesa de todos os sadenses”.

- A feira contará con produtores ecolóxicos de licores, ovos, queixo, castañas, marmeladas, zumes, carne, produtos de horta , plantas culinarias, medicinais e aromáticas, flores comestibles, hortalizas, polen, produtos apícolas, conservas, tartas ou  roscóns e tamén con obradoiros para nenos (nos que farán un moneco eles mesmos só por participar) e maiores, xogos tradicionais, pintura, arcilla, fabricación de xoguetes, degustacións gratuítas de amorodos, de confitados de pera con albariños ou cócteles.

Audio presentación

Sada, 1 agosto 2016.

Os vindeiros 6 e 7 de agosto nos xardíns fronte a Terraza celebrarase a I Feira Ágora Verde de produtos ecolóxicos certificados de Galicia. Este proxecto organizado polo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia e o concelleria de Medio Ambiente, xestionada por Liss Becerra,  está cofinanciado polo Ministerio de Agricultura, a Xunta de Galicia e a Unión Europea.

A feira contará con produtores ecolóxicos de licores, ovos, queixo, castañas, marmeladas, zumes, carne, produtos de horta , plantas culinarias, medicinais e aromáticas, flores comestibles, hortalizas, polen, produtos apícolas, conservas, tartas e roscóns, etc.

Segundo o concelleiro de Medio Ambiente de Sada “nace co obxetivo de fomentar o consumo saudable e en circuítos curtos de produción aínda que a vocación é medrar para instaurarse coma una costume de referencia na mesa de todos os sadenses”.

Ágora Verde inaugurase o día 6 de agosto ás doce da mañá e permanecerá aberta ininterrompidamente ata as 22 horas do sábado e do domingo. Haberá obradoiros para nenos (nos que farán un moneco eles mesmos só por participar) e maiores, xogos tradicionais, pintura, arcilla, fabricación de xoguetes, degustacións gratuítas de amorodos, de confitados de pera con albariños ou cócteles.

Poderanse desfrutar por exemplo de cócteles con alcol e sen alcol na happy hour que se celebrará o sábado, día 6, de 20:30 a 21:30 horas, a prezos que van dende un euro; combinados coma Tiramisú galego en copa con licor café ecolóxico, nata, sirope, cacao amargo e anís; Bulnes on the rocks con licor de laranxa e herba luisa, zume de mazá e sidra ou Brumble de frambuesa con licor ecolóxico de framboesa, zume de laranxa e menta ou Caipicornia, con licor ecolóxico de arandos, lima e tónica aromatizada.

Segundo Liss Suárez “esta feira nace con vocación de concienciar, como xa dixen, pero tamén de dinamizar o comercio sadense na época estival pois atraeremos público provinte das catro provincias galegas. Trátase dun evento de agricultura ecolóxica pero tamén turístico, comercial, cultural, festivo encadrado nas datas previas aos días grandes das festas de Sada coa proxección cara ao exterior que eso supón para todos nós”.

As actividades a celebrar na primeira fin de semana de agosto nacen xa con forza pois en Sada haberá produtores procedentes de localidades coma Xinzo, Quiroga, Malpica, San Sadurniño, Rois, Chantada, así ata superar a veintena de localidades de toda Galicia.

Arquivado en