Sada busca 12 ideas de negocio para fomentar o emprendemento no sector do mar

01 / FEB / 2021

Sada busca 12 ideas de negocio para fomentar o emprendemento no sector do mar

- Ate o 19 de febreiro está aberta a fase de captación e rexistro de ideas de EMPREAMAR.

- Esta fase de incubación ofrece ás persoas emprendedoras seleccionadas a titorización e mentoring do seu proxecto en base a unha metodoloxía práctica e personalizada, profundizando no reforzo técnico

Sada, 1 febreiro 2021.

O Concello de Sada promove o programa formativo Empreamar para fomentar o emprego orientado no aproveitamento sustentable dos recursos mariños do territorio do GALP Golfo Ártabro Sur. O programa taller, que é gratuíto, está dirixido ás persoas que teñan intención de iniciar unha actividade empresarial no ámbito marítimo co obxectivo de darlles apoio para estudar e planificar a idea.

Trátase dun programa formativo que conta coa colaboración do Campus do Mar e co financiamiento do GALP, Xunta e dos fondos europeos marítimos. Ate o 19 de febreiro estará aberta a fase de captación e rexistro de ideas  sendo a finais deste mes cando se seleccionen e se anuncien as 12 propostas  participantes. O programa se compón de cinco sesións formativas e utras tantas titorias. A primeira sesión formativa terá lugar a principio do mes de marzo e a última no mes de xuño.

A concelleira de Promoción Económica, Laura Rodríguez, explica que o obxectivo é "xerar riqueza nas áreas costeiras" coa posta en marcha de "negocios sustentables en base ao aproveitamento dos recursos mariños".

A formación inclúe xornadas de visitas a empresas do sector pesqueiro e unha outdoor training, termo co que denomina a metodoloxía de aprendizaxe con xogos e dinámicas que se desenvolven ao aire libre. A través da iniciativa perséguese fomentar o emprendemiento á vez que se aproveitan e promocionan os recursos naturais do medio mariño. Ademais, o programa nace coa idea de perdurar no tempo e ter continuidade o ano que vén. Desta forma, as ideas novas que se trasladen no taller poderán ter continuidade ou porse en marcha no futuro.

Esta fase de incubación ofrece ás persoas emprendedoras seleccionadas (máximo 12 ideas de negocio) a titorización e mentoring do seu proxecto en base a unha metodoloxía práctica e personalizada, profundando non reforzo técnico e emocional-motivacional. Tamén se elaborará un Plan de Negocio sobre a idea empresarial persoalizado, ademáis de sesións informativas sobre as iniciativas de apoio ao emprendemento existentes na zona e as axudas e fontes de financiamiento económicas dispoñibles para o emprendemento.

Nos cinco obradoiros formativos abordarase o Modelo de Negocio-Plan de empresa; a  Análise do mercado: posicionamento e competencia. Definición do Produto e do Cliente; o Plan de comunicación e Marketing. Marketing Dixital. Estratexia de Prezos e Plan Comercial e a Xestión Económica-Financieira na empresa e a Xestión de Recursos Humáns e Liderazgo.

-Máis información

Arquivado en