Sada asumirá os gastos de mantemento de O Mosteirón

29 / OUT / 2016

Sada asumirá os gastos de mantemento de O Mosteirón

-O Consello Consultivo de Galicia da luz verde para que o Concello asuma os gastos de mantemento do colexio que ascenden cada ano a 30.000€.

-"Dábanos igual a forma de solucionar legalmente o problema de O Mosteiron para desenquistar un problema de máis dunha década, sinalaba onte pola mañá Raquel Bolaño. "Priorizamos as necesidades da comunidade escolar por iso de forma unilateral o concello buscou a vía do Consello Consultivo"

-“Se o Consello consultivo determinase que a competencia do mantemento do colexio fose da da Xunta de Galicia seguiríamos co expediente de compencias impropias que xa tiñamos aberto e asumiríamos nos o custo do mantemento. E se o Consultivo determinase, como así foi, que é a nosa competencia pois xa está claro” subliñá Portela.

Sada 28 outubro 2016.

O CEIP de O Mosteirón existe como tal desde o ano 2008, cando o que até entón era un Centro Público Integrado (CPI) se segregó dando paso ao actuais instituto e colexio O Mosteirón. Dous anos antes, en 2006, produciuse a transferencia da titularidade do centro do Instituto Social da Mariña á Consellería de Educación, pero  seguen sendo as arcas do centro público as que afrontan os gastos de luz, auga e outros mantementos, que até o cambio de competencias asumía o Instituto Social da Mariña (ISM).  

Desde a Concellaría de Educación, xestionada pola socialista Raquel Bolaño, advertíase hai un ano da  "insuficiencia das achegas, que puntualmente fai a conselleria, para sufragar o mantemento da prestación de servizos e subministracións básicas necesarios para un correcto funcionamento do centro."

Esta é unha "demanda histórica da comunidade escolar que ten que facer fronte a uns custos que deberían ser sufragados con fondos públicos", sinalaba Bolaño.

Por iso o goberno local decidiu abrir un expediente no pasado mes de decembro para asumir os gastos de mantemento do centro escolar de O Mosteirón a condición de que non se puxese en risco a sustentabilidade financeira da facenda municipal, cumprindo os principios de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira.

O goberno local destacaba entón que era unha "aposta clara do Concello de Sada por fomentar a educación pública" e que a partir do momento que o Concello asumise os gastos "as achegas da ANPA poderán ser destinadas ao fomento de actividades e aos servizos complementarios que eles decidan."

Con todo o secretario municipal indicou nun informe que para que esta proposta fose legal habería que demostrar que non existe duplicidade así como que necesitaba un informe de Facenda, “trámites, a xuicio da concelleira,  moi longos”.

"Fixemos todo e enviámolo á Xunta pero contestáronnos o mesmo que ao principio, que non era a súa competencia. Terían que dicir nun informe que eles non van asumir as competencias pero non o fixeron. Polo que o gobernó local solicitou ao Consello Consultivo que decidise de quen era competencia o gasto de mantemento de  O Mosteirón", explicou a concelleira de Educación, Raquel Bolaño.

O executivo tomou a decisión a proposta do secretario municipal, que considera que é a única fórmula posible en base ao que estipula a Lei de Bases de Réxime Local, que establece que os concellos só poden facerse cargo dos custos dos edificios destinados a educación infantil e primaria de titularidade municipal.

"Dábanos igual a forma de solucionar legalmente o problema de O Mosteiron para desenquistar un problema de máis dunha década, sinala Raquel Bolaño. "Priorizamos as necesidades da comunidade escolar por iso de forma unilateral o concello buscou a vía do Consello Consultivo"

Para a concelleira "a realidade é que o problema queda resolto de forma definitiva por que fomos nós, o goberno local, quen buscamos a solución"

“Hoxe podemos afirmar que grazas á implicación do goberno local os escolares de O Mosteirón terán as mesmas condicións que o resto de escolares dos  outros centros do municipio, finalizou Bolaño quen suliñou que "a implicación foi total desde o minuto uno da nosa chegada ao goberno e agora queda demostrado".

Do mesmo modo pronunciouse o alcalde Benito Portela esta mañá. “A comunidade escolar de Mosteirón necesitaba una solución e o Consultivo era á solución”.

O alcalde referíase a que fose cal fose a resolución do Consello Consultivo o problema do colexio tería solución. “Se o Consello Consultivo determinase que a competencia do mantemento do colexio fose da Xunta de Galicia nos seguiríamos co expediente de competencias impropias que xa tiñamos aberto e asumiríamos o custo do mantemento. E se o Consultivo determinase, como así foi, que é a nosa competencia pois xa está claro” subliña Portela.

“Dunha maneira ou de outra, exprica o alcalde, tiñamos que resolver este problema que temos desde hai máis de dez anos porque o que non pode ser e que os escolares e a comunidade escolar de O Mosteiron pase por necesidades básicas por un tema burocrático”.

Arquivado en