Sada aproba o módulo deportivo de Mondego

05 / FEB / 2021

Sada aproba o módulo deportivo de Mondego

O proxecto potencia o seu uso municipal, para os veciños de Sada, de cara a promover a práctica deportiva, así como a utilización da instalación para o deporte escolar, formación en educación física e psicomotricidade.

O alcalde de Sada, Benito Portela, destaca a importancia desta inversión xa que  “é unha necesidade investir no deporte base, escolar e adaptado”. Para o rexedor “estes colectivos están a sufrir un gran impacto como consecuencia do COVID” e sinala que “precisamos ampliar a dotación de instalación deportivas cubertas e acometer a remodelación das existentes”.

Para a concelleira de Educación e Deportes, Maria Nogareda, “é unha necesidade a inversión en infraestruturas debido ao grande crecemento de clubes deportivos no municipio e á carencia de instalaciones deportivas”. Nogareda subliña que está nova instalación virá a “dar osíxeno ao uso das demáis instalacións” e remarca que trátase dun “gran proxecto, pero tamén punto de partida doutros en materia deportiva”

Sada, 4 febreiro 2021.

O goberno municipal incluiu dentro dos Plans Provinciais a primeira fase do proxecto de instalacións deportivas en Mondego, correspondente ao Módulo Cuberto, cun importe total de 723.792,20 euros dos cales 418.846,09 pertencen á Achega Provincial para investimentos financeiramente sustentables e 304.946,11 euros a fondos propios do Concello.

Desde o goberno municipal dáse un novo paso no apoio ao deporte local despois de que en agosto do pasado ano o Club Atletismo asinase un convenio cunha entidade privada polo que se conseguiron 100.000 euros para a relización dun proxecto co que se prevé paliar a saturación das instalacións actuais e conseguir unha cidade deportiva totalmente adaptada.

A actuación total proxéctase cun módulo cuberto homologado de atletismo, cunha pista exterior de 200 metros, un módulo multideporte con tres salas de 150 metros cadrados, e dúas salas de cardio, máis un circuíto permanente de cros e BTT e a urbanización exterior da parcela onde realizarán zonas de beirarrúas peonís coa incorporación de especies arbóreas e un total de 21 prazas de aparcadoiro simples e 6 prazas para persoas con mobilidade reducida.

Esta actuación divídese en varias fases sendo a primeira, o proxecto de construción do módulo cuberto homologado de atletismo, o que esta tarde se aprobou no pleno extraordinario e que se acometerá nos próximos meses, unha vez licítense as obras.

Neste Modulo Cuberto desenvolveranse ademáis outras disciplinas atléticas como salto en longo, salto de pértega, salto de altura, peso ou carreiras na pista cuberta de 60 metros con seis rúas. En toda a instalación poderase levar a cabo deporte adaptado.

O alcalde de Sada, Benito Portela, destaca a importancia desta inversión xa que  “é unha necesidade investir no deporte base, escolar e adaptado”. Para o rexedor “estes colectivos están a sufrir un gran impacto como consecuencia do COVID” e sinala que “precisamos ampliar a dotación de instalación deportivas cubertas e acometer a remodelación das existentes”.

Para a concelleira de Educación e Deportes, Maria Nogareda, “é unha necesidade a inversión en infraestruturas debido ao grande crecemento de clubes deportivos no municipio e á carencia de instalaciones deportivas”. Nogareda subliña que está nova instalación virá a “dar osíxeno ao uso das demáis instalacións” e remarca que trátase dun “gran proxecto, pero tamén punto de partida doutros en materia deportiva”.

Arquivado en