Sada adxudica a obra de pavimentación e mellora de servizos na rúa Sadadarea

29 / DEC / 2018

Sada adxudica a obra de pavimentación e mellora de servizos na rúa Sadadarea

-A Xunta de Goberno Local adxudicou á empresa Excavaciones Melchor a pavimentación de beirarrúas e mellora de servizos afectados na rúa Sadadarea por importe de 53.275,40€.

Sada 28 decembro 2018.

O concello de Sada, a través da concellaría de Obras e Servizos, licitou a a obra correspondente ao proxecto de pavimentación de beirarrúas e mellora de servizos afectados na rúa Sadadarea que a Xunta de Goberno Local adxudicou á empresa Excavaciones Melchor SL por importe de 53.275,40€.

As obras previstas levarán a cabo nas beirarrúas da rúa de Sadadarea, ambas as marxes, concretamente no tramo esquerdo desde o nº 3 até o nº 29 e na marxe dereita desde o nº 2 ao 40, da devandita rúa. Trátase dunha zona do núcleo urbano de carácter comercial e residencial, formado por edificios de vivendas, algúns deles con baixos comerciais. A densidade de poboación é alta ao ser unha zona céntrica e de gran tráfico peonil. A lonxitude total da actuación é de 367 ml en ambas as marxes desta rúa de titularidade municipal.

A concellaría de Obras, xestionada por Miguel Tenreiro, ten constancia que as actuais infraestruturas no centro urbano de Sada requiren obras de mellora, tanto nas calidades como nas súas prestacións. Desde fai tres anos veñen acometendo actuacións de melloras en distintos lugares do centro urbano (rúa Oleiros, avenida República Arxentina, travesía da Obra, rúas Cambre, Culleredo e Abegondo, rúa Ponte ou Praciña do Conde) e agora acomete o pavimentado das beirarrúas e zonas de tránsito peonís na rúa de Sadadarea, así como a instalación dunha canalización para as augas pluviais para completar este servizo na rúa.

Na zona de actuación, aínda que as edificacións contan xa con certa antigüidade e moitas delas non son construcións recentes, faise necesaria unha revisión e probable mellora das infraestruturas existentes, tales como as acometidas ás redes de abastecemento, saneamento e nalgúns casos de pluviais, onde se conectarían as bajantes das cubertas dos edificios á tubaxe existente de pluviais, que actualmente verten sobre a beirarrúa.

Así mesmo, nese tramo da avenida evidénciase a deterioración no pavimento das beirarrúas e no bordo das mesmas, así como tamén na zona comprendida entre a calzada asfaltada e o bordo, que a día de hoxe presenta un pavimento irregular, nalgúns casos con fisuras e fochancas, polo que se dotará á rúa dun pavimento novo semellante ao instalado nas rúas que veñen acondicionando desde fai tres anos.

A empresa mantedora do servizo de abastecemento de auga, VIAQUA, comprometeuse ademais co Concello de Sada a renovar, e por tanto instalar, aqueles tramos onde sexa preciso substituír algún tramo de tubaxe de distribución de auga que se precise. Polo que este proxecto contempla a substitución das acometidas domiciliarias desde a nova canalización.

Proxéctase igualmente, a instalación dun tramo de 80 m.l. de tubaxe de pluviais que circulará practicamente a pié do bordo da marxe izdo. Cada 20 ou 25 metros colocaranse sumidoiros e realizaranse as acometidas necesarias para recoller as augas provenientes das bajantes de cuberta dos edificios do tramo. Tamén se revisarán, e en caso necesario se reponerán, as acometidas ás outras canalizacións doutros servizos xa existentes.

Arquivado en