Sada activa nos vindeiros días as cinco pantallas dixitais do municipio

14 / OUT / 2022

Sada activa nos vindeiros días as cinco pantallas dixitais do municipio

A concellería de Comunicación celebra a celeridade coa que finalmente se tramitaron os informes para a conexión da rede de paneis dixitais e deste xeito agradece a implicación de todas as entidades

Os cinco paneis, situados na Avenida da Mariña, Avenida do Porto, Fontán, Castelo e na glorieta da Lagoa, entrarán en funcionamento nas vindeiras semanas. Os paneis difunden novas de actualidade municipal, propostas turísticas e culturais así como avisos ou campañas de sensibilización .

Coa posta en marcha nas vindeiras semanas de todos os paneis o concello remata co proxecto Xanela Aberta que comezou no anterior mandato a Concellería de Turismo, xestionada por Liss Becerra, e reiniciou no 2020 a Concellería de Comunicación, xestionada por Rebeca Mouriño, que conta con poder ampliar a rede nun futuro. “O obxectivo é achegar a Administración pública a nosa veciñanza e mellor a calidade e do servizo”

Canal Whatsapp

Do mesmo xeito, o Concello de Sada ven de por en marcha unha nova canle de whastapp onde ademáis de enviar información á veciñanza se establece unha nova canle de envío de información ás empresas e comercios do municipio, na procura de fortalecer a comunicación de cara a realización de campañas, eventos e propostas municipais. Desde agora cunha simple mensaxe de WhatsApp, o Concello de Sada está ao alcance dos seus veciños e veciñas. O Concello de Sada pon en marcha unha plataforma de comunicación e atención cidadá a través de WhatsApp que permite realizar diversas xestións municipais como comunicar queixas e incidencias, facer consultas ou suxestións, falar co alcalde, acceder á sede electrónica, solicitar cita previa ou recibir avisos e comunicacións importantes, entre outras.

Con este sistema, o Concello pretende manter unha comunicación máis próxima, sinxela e efectiva coa cidadanía, fomentar a participación e alcanzar un nivel máis óptimo na resolución de incidencias e información a través WhatsApp, a plataforma de “comunicación persoal número un de España que conta con máis de 27 millóns de usuarios activos e é consultada unha media de 6 veces ao día.

Para o usuario ten numerosas vantaxes. Non require ningunha instalación nin actualización, non consome recursos do teléfono (nin procesador nin memoria) e, a diferenza doutras apps que son facilmente desinstaladas, o Concello será un contacto que permanecerá indefinidamente. 

Ao mesmo tempo, aproveitando a bidireccionalidade que proporciona WhatsApp, desde o Concello enviaranse comunicados, alertas, noticias, axenda e información de interese.

Como funciona?

Comezar a utilizar esta canle é tan sinxelo como agregar o teléfono 629 587 968  a axenda de contactos, abrir unha conversación e escribir “Ola”. A partir dese momento, o asistente virtual atenderá automaticamente a mensaxe, e só será necesario seguir as súas indicacións.

Primeiro deberase indicar que se aproba o protocolo de protección de datos e indicar se quere recibir información coma veciñ@, empresa ou como ambas. Despois, de forma numérica, despregarase o menú principal con todas as opcións dispoñibles: Fío directo co alcalde , Información municipal, Aviso de incidencias, etc.

Arquivado en