Sada abre nova aplicación web para reserva e pago de entradas

31 / MAR / 2023

Sada abre nova aplicación web para reserva e pago de entradas

O Concello de Sada habilita un sistema de pasarela de pagos para as entradas no auditorio da Casa da Cultura Pintor Lloréns ampliable a outros espazos onde se teña que cobrar por acceder.

A concellaría de Cultura de Sada, xestionada por José Luis Tellado,  acaba de habilitar unha aplicación web que permitirá reservar entradas para espectáculos no auditorio da Casa dá Cultura. A web permitirá tamén reservar butacas noutros espazos culturais, deportivos e de lecer.

A aplicación xa está activa e os veciños que o desexen poden reservar xa a través de reservabutacas.sada.gal as entradas para a obra de teatro deste domingo, "Bernarda", de Malasombra Teatro, seleccionada candidata a Mellor Espectáculo PREMIOS MAX 2021 e premiada na María Casares 2020 ao Mellor espectáculo, Mellor Texto orixinal, Mellor Dirección e Mellor actriz secundaria, así como premio do público na XLI Mostra de Teatro Galego de Cariño.

A través desta web, as persoas interesadas en asistir a un espectáculo poden escoller os asentos e realizar os pagos a través do cartón bancario, bizum ou outros métodos de pago electrónico.

Arquivado en