Sada abre este verán á Pía do Loureiro, a piscina das Cerámicas do Castro

23 / MAI / 2022

Sada abre este verán á Pía do Loureiro, a piscina das Cerámicas do Castro

O alcalde Benito Portela asinou un convenio co grupo Sargadelos para a utilización da piscina os dous próximos veráns. A Xunta de Goberno Local do pasado xoves aprobou ademáis a iniciación do expediente de contratación dunha empresa para o servizo de socorrismo, mantemento e limpeza da piscina descuberta.

Este verán os veciños e veciñas de Sada volverán a disfrutar da piscina da Pía do Loureiro grazas a un convenio entre as Cerámicas do Castro co Concello de Sada que permite o uso público desta piscina ao aire libre para ofrecer unha atracción lúdica para os sadenses.

Este ano a instalación recreativa, que comprende a piscina e as instalacións anexas coma vestiarios e zona de solárium, terá acceso libre e gratuito. A instalación abrirá con horario de 12.00 a 20.00 horas os meses de xullo e agosto e o Concello achega, ademais, os socorristas, mantemento e a limpeza das instalacións.

Efectivos de Obras e Servizos xa están a realizar melloras nas instalacións e posta a punto dos vestiarios da piscina e  limpeza  do vaso , que  posteriormente será  pintado respetando  o polbos entrelazados deseñados  por Luis Seoane en 1972.

O convenio, asinado   polo alcalde de Sada, Benito Portela e as Cerámicas  de O Castro, sinala que o Concello de Sada está a planificar a programación das actividades sociais, culturais, deportivas e recreativas en beneficio dos habitantes do seu termo municipal .

Este convenio recolle ademáis a vontade de ampliar este acordo con outros que faciliten o acceso da veciñanza e visitantes as propiedades e patrimonio artístico do complexo das Cerámicas  de O Castro .

Éxito da Pía do Loureiro

Logo de dous anos sen poder abrir no verán a piscina das Cerámicas do Castro debido á pandemia polo Covid19 este ano o Concello de Sada recupera un convenio que se iniciou no 2016.

No 2019, último ano da súa apertura, batiu record de asistencia xa que foron 8.937 usuarios que  disfrutaron das instalacións.

Arquivado en