Proxecto RELEVO

14 / SEP / 2021

Proxecto RELEVO

O Concello de Sada, a través da concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego, fomenta o proxecto de colaboración RELEVO 2020, unha iniciativa de carácter formativo promovida por varios Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP), entre eles o GALP GOLFO ÁRTABRO SUR do que o Concello de Sada forma parte.

O programa RELEVO, dirixido a persoas de 16 anos ou máis, busca a substitución xeracional no sector pesqueiro a través da capacitación e mellor coñecemento dos recursos dos territorios e para inscribirse non é necesario ter experiencia previa no sector pesqueiro nin estar en posesión de ningunha titulación relacionada con el.

As persoas que queren empezar a traballar no sector pesqueiro (pesca, marisqueo ou acuicultura), ou que traballan e queres tratar de diversificar para ter máis ingresos, ou emprender con algo relacionado co sector (turismo mariñeiro, científico, pesca turismo, etc), ou montar unha asociación, poden inscribirse no programa Relevo.

A metodoloxía será totalmente práctica e contarase con titorías individualizadas nas que, segundo os intereses, circunstancias e formación de cada persoa, terán axuda para encamiñar o obxectivo de que coñezan os recursos do territorio.

Máis información e  inscrición aquí

Arquivado en