Promoción Económica abre a participación do "Sada Comercio 2022"

07 / FEB / 2022

Promoción Económica abre a participación do "Sada Comercio 2022"

A Concellería de Promoción Económica, Turismo e Emprego PROGRAMA "SADA COMERCIO 2022 "que terá lugar os vindeiros días 12 e 13 de marzo

BASES SADA COMERCIO 2022

ANEXO I

As presentes bases teñen por obxecto establecer as condicións e o procedemento de outorgamento da autorización da ocupación de terreos de uso público para instalación de diferentes postos de venda de diversas mercadorías por parte do comercio e da hostalaría local, na carpa situada a tal fin na praza situada detrás da Terraza, os días 12 e 13 de marzo do presente ano.

O prazo para presentar as solicitudes será de 10 días desde a súa publicación na páxina web do Concello de Sada.

As instancias solicitando tomar parte na Feira Sada Comercio 2022 presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, na Sede Electrónica de Sada (sada.gal) ou nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

As solicitudes deberán enviarse no modelo de inscrición debidamente cumprimentado (Anexo I), xunto con fotocopia do DNI.

O pago da taxa regulase pola Ordenanza Fiscal nº 16, reguladora da taxa por instalación de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos ou atraccións situadas en terreo de uso público, industrias da rúa e ambulantes e rodase cinematográfico, e a súa contía é de 30€ por día. A forma de pago será a da liquidación por parte dos servizos económicos municipais que emitirán o documento de pago necesario para o abono da taxa correspondente.

A inscrición non será efectiva ata a comprobación do pago da mesma.

A montaxe levarase a cabo o día venres 11 de marzo a partir das 20h.

A desmontaxe levarase a cabo o día domingo 13 de marzo a partir das 21:00h.

O horario de venta ao público os días da feira será das 11:00 ás 21:00 horas o sábado e de 12:00 ás 21:00 horas o domingo.

Os e as participantes comprométense a cumprir co horario de apertura e peche sendo este ininterrompido así como as medidas de seguridade e de control de aforo no recinto.

A organización garante o servizo de seguridade nocturna no recinto acotado para as noite do venres e sábado.

A organización non se fai responsable do contido do posto no horario de apertura da feira.

O número mínimo de postos requiridos para levar a cabo o evento serán dun mínimo de dez e un máximo de vinte, podendo tomar parte nesta feira calquera establecemento ou comerciante do Concello de Sada que presenten a solicitude en tempo e forma e sendo un criterio a valorar a súa participación en anteriores edicións da feira.

Os e as participantes poderán solicitar ata dous postos por persoa física ou xurídica (debendo aboar dobremente a taxa, nese caso); no caso de que as solicitudes superen o número máximo de postos habilitados, resolverase por sorteo entre os e as solicitantes.

A asignación dos espazos corre a cargo da organización, buscando o consenso cós e coas participantes; en caso de non acadarse, será por sorteo debido as limitacións do espazo existente.

O espazo individual a ocupar será de 3x3 m2 . A distribución dos postos poderá ser modificada por este Concello por causas organizativas. 6. Aceptación de Solicitudes

A organización resolverá as solicitudes e notificará a concesión de posto antes dos 10 días hábiles.

Servizos Facilitados

  • Carpa tipo haima de 3x3m 7.2.
  • Puntos de luz na Feira. Os e as comerciantes que desexen conectarse á luz deberán levar unha regleta homologada e os dispositivos de luz dos que dispoñan.
  • Taboleiros, mesas e cadeiras para os e as participantes.
  • Cartelaría identificativa que sirva de información e publicidade do evento.
  • A organización disporá diversos contedores de lixo no recinto.
  • Seguridade nocturna.

Arquivado en