PROCESOS SELECTIVOS AFECTADOS POLA EXECUCIÓN DA SENTENZA

26 / MAI / 2022

PROCESOS SELECTIVOS AFECTADOS POLA EXECUCIÓN DA SENTENZA

ACORDO DO TRIBUNAL CUALIFICADOR NOMEADO POLO DECRETO DA ALCALDÍA núm. 693/2022, 20 de maio, PARA DESENVOLVER A FASE DE MÉRITOS E ACTOS RELACIONADOS DE DIVERSOS PROCESOS SELECTIVOS AFECTADOS POLA EXECUCIÓN DA SENTENZA E RESOLUCIÓNS COMPLEMENTARIAS DITADAS POLO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA NO PROCEDEMENTO ORDINARIO 862/210

O tribunal cualificador na súa sesión constitutiva de data 26-5-2022 tivo coñecemento que a Alcaldía do Concello de Sada ditou o Decreto núm.724/2022, polo que se corrixe un erro advertido no Decreto núm.693/2022 ,polo que se modificaban as bases específicas dos procesos selectivos afectados pola execución das resolucións xudiciais, erro que consiste en que no apartado da valoración de servizos prestados omitiuse a matización de: “en postos de igual ou similar natureza” .

En base ao anterior, e co obxecto dunha maior transparencia no desenvolvemento das súas funcións o tribunal acordou:

  1. Suspender a sesión do tribunal cualificador iniciada o 26-5-2022.
  2. Retomar a sesión, unha vez se lle dea a publicidade oportuna ao Decreto da Alcaldía núm.724/2022, o xoves día 2-6-2022 ás 8.30 horas no Edificio municipal de uso administrativo do Concello de Sada, situado na Avda. da Mariña, 25, Sada
  3. 3. Aprobar o calendario de previsión da súa actuación nos procesos seguintes:

2-6-2022: Animador de tempo libre
2-6-2022: Operario electricista
2-6-2022: Ordenanzas
2-6-2022: Operario do grupo de emerxencias.

Arquivado en