Sada licita a subministración e montaxe de unha pista multideporte en Mondego

28 / SEP / 2021

Sada licita a subministración e montaxe de unha pista multideporte en Mondego

A concellaría de Deportes licita a instalación dun valado perimetral no que se axustaría formando parte do mesmo unha pista multideporte que constaría de dúas portarías de futbol-sala, dúas canastras de baloncesto e unha rede para voleibol así como rede de protección en fondos que permitiría a práctica os citados deportes.

O Perfil do Contratante Concello de Sada ten aberta a licitación  dunha pista multideporte para instalar na pista deportiva de Mondego, situada en Trasín. Esta instalación está formada por unha soleira de formigón cun acabado de pintura cunha superficie de aproximadamente 450 m2 e consta dunha cuberta en madeira realizada recentemente. Así mesmo de acordo co plano de ordenación da PXOM de Sada a leira atópase englobada dentro dun Sistema Local de Equipamento Deportivo.

Desde a concellería de Deportes do Concello de Sada proponse dotar á pista duns equipamentos que van permitir un mellor aproveitamento da mesma. Neste sentido licítase a instalación dun valado perimetral no que se axustaría formando parte do mesmo unha pista multideporte que constaría de dúas portarías de futbol-sala, dúas canastras de baloncesto e unha rede para voleibol así como  rede de protección en fondos que permitiría a práctica os citados deportes.

As instalacións que se pretenden realizar son a subministración e montaxe de pista multideporte de 30 m de lonxitude x 15 metros de ancho, formada por módulos trámex galvanizado;  un marco perimetral de tubo rectangular de 80x30x2;  dúas portarías de futbol-sala; dous taboleiros de minibasket, en chapa perforada galvanizada e a instalación de rede para practica de voleibol e rede de protección.

O orzamento desta licitación ascende á cantidade de veintidos mil novecentos oitenta euros (22.980,00 EUROS).

Arquivado en