OPEN INTERNACIONAL XADREZ MEMORIAL DOMINGOS MERINO

30 / AGO / 2022

OPEN INTERNACIONAL XADREZ MEMORIAL DOMINGOS MERINO

O tradicional torneo de xadrez das Festas de Sada medra en importancia e denominarase este ano "I Open Internacional de Xadrez Concello de Sada Memorial Domingos Merino".

O Concello de Sada, expuxo á familia de Domingos Merino e á federación a posibilidade de converter o tradicional campionato de xadrez polas festas de agosto en algo máis importante e de paso homenaxear ao exregidor falecido que residiu moitos anos no Tarabelo. Domingos Merino en 1965 xa era mestre de xadrez, foi campión galego en seis ocasiones e gañou catro torneos internacionais.

Tras o visto e prace, o sábado 3 de setembro celebrarase no Pavillón Polideportivo de Sada (horario de 10:00 a 19:30 horas)  o I Open Internacional de Xadrez Concello de Sada Memorial Domingos Merino, que conta coa colaboración da Deputación da Coruña, e que disputarase a catro roldas con inscrición para 200 xogadores.

Ademáis Sada será a sede tamén do I Open Internacional de Xadrez Deputación da Coruña que se celebrará do 4 ao 11 de setembro no Pavillón Polideportivo. Entrefa libre. Horario 10:00 a 19:30 horas.

Arquivado en