O MUNDO MÁXICO DE PINOCHO

25 / ABR / 2026

O MUNDO MÁXICO DE PINOCHO

A concellería de Cultura programa o sábado 25 de abrill ás 18:30 o espectáculo familiar "O Mundo Máxico de Pinocho". ESPECTÁCULO AGADIC

ENTRADAS: 3,50€ - Á venda a partir do 6 de abril ás 9:30 horas

En O mundo máxico de Pinocho, o público atoparase cunha curiosa adaptación ao teatro musical do clásico de Carlo Collodi.

Unha historia contada a través dos ollos de Pepiño Grilo, que xunto coa Fada Mimadriña, Raposo e Gato acompañará a Pinocho no camiño de converterse nun neno de verdade. Un camiño que comeza no taller de Gepetto, e que pasará pola escola, por un circo de monicreques onde un malvado titiriteiro intentará raptalo e ata pola barriga dun peixe xigante. Todo para que o protagonista aprenda que dicir mentiras ten as súas consecuencias.

Arquivado en