O Ministerio de Transición Ecóloxica denega a solicitude de prórroga da concesión do BIC A Terraza

04 / MAR / 2021

O Ministerio de Transición Ecóloxica denega a solicitude de prórroga da concesión do BIC A Terraza

O Concello de Sada valora positivamente a decisión e que se atenderán as alegacións presentadas polo Concello e anuncia que seguirá demandando de Costas a desafectación e a cesión ao patrimonio municipal do BIC.

O alcalde Benito Portela, sinala que “o  Plan Director deberá contemplar a futura xestión pública municipal do edificio coa cualificación de equipamento socio-cultural público, o previsto no PXOM, o cal non é incompatible coa continuidade dun uso hosteleiro parcial no edificio”

Sada, 4 de marzo  de 2021.

O Ministerio de Transición Ecolóxica  ven de notificar ao Concello de Sada a denegación da solicitude de prórroga da concesión  de “A Terraza”, o Concello segue demandando de Costas a desafectación e a cesión ao patrimonio municipal, paso importante,  para a súa conservación e para a determinación das prioridades e criterios de intervención, é  imprescindible a redacción dun  plan integral de conservación, na medida en que se prevexa a futura xestión do inmoble.  Plan que a xuicio do Concello de Sada, debe ser un Plan Director 

O Concello sempre mostrou a disponibilidade para formular e redactar ese Plan Director como tamén conveniar con Costas tanto a redacción de dito plan, como a futura xestión do inmoble e o financiamento. Documento que entendemos,  é fundamental para asegurar a preservación do ben, e onde se define o futuro da conservación do senlleiro inmoble sadense.

O goberno municipal entende que a elaboración e xestión dese Plan Director debe ser pública municipal, cos convenios que sexan precisos coa administración autonómica e estatal (propietaria do inmoble, asentado en dominio público de costas) dado que iso contribuiría a unha mellor eficaza e garantía para a consecución dos obxectivos do mesmo. Un Plan Director que inclúa expresamente, dentro dos seus obxectivos, a definición e concreción do uso de equipamento socio-cultural dotacional público.  

O quiosco modernista levaba desde xullo de 2018 pendente de que a o Estado resolvese a petición dunha prórroga da concesión presentada polos xestores. Pola súa banda o Concello de Sada presentou alegacións á petición dunha moratoria alegando que a Lei de Costas establece no seu artigo 81 que, unha vez vencido o prazo da concesión, é improrrogable.

Agora, que o Ministerio de Transición Ecóloxica ven de denegar a solicitude de prórroga da concesión do BIC   “A Terraza”, o goberno municipal seguirá demandando do Estado  a desafectación do dominio público de costas dos terreos e a sua posterior cesión ao Concello, para unha maior viabilidade de xestión (planificación, medidas e financiamento) do BIC. 

O alcalde Benito Portela, sinala que “o  Plan Director deberá contemplar a futura xestión pública municipal do edificio coa cualificación de equipamento socio-cultural público, o previsto no PXOM, o cal non é incompatible coa continuidade dun uso hosteleiro parcial no edificio”

 

Arquivado en