O Foro da Mocidade acorda a creación dunha canle de comunicación entre o alumnado dos IES e a concellería de Participación

25 / ENE / 2022

O Foro da Mocidade acorda a creación dunha canle de comunicación entre o alumnado dos IES e a concellería de Participación

A Concellería de Participación Cidadá programou encontros entre os adolescentes sadenses para identificar os temas do municipio que mais lles interesan e promover a reflexión colectiva.

Alumnado de 3º e 4º da ESO dos IES O Mosteirón e Isaac Díaz Pardo realizaron recentemente a sesión de peche do programa de participación Foro de Mocidade co obxectivo de promover entre a mocidade a reflexión colectiva, unha análise da realidade local e a identificación dos temas do seu municipio que lles preocupan e interesan.

Os obxectivos desta actividade didáctica foron introducir a mocidade na participación cidadá, reflexionando sobre a súa importancia para a construción dunha sociedade mellor; detectar necesidades para esta franxa de idade e construír colectivamente propostas realistas que poidan orientar a acción municipal para con este sector da poboación; afondar no coñecemento do Concello e as canles de relación entre a institución e a veciñanza.

Estas actividades vense realizando en varias sesións celebradas nos últimos meses nas aulas organizadas pola Concellería de Participación Cidadá “onde se recolleron todos os temas que tiñan enerxía en varios grupos creando un espazo de reflexión, diálogo e escoita”.  Nestas sesións identificáronse propostas concretas e cada IES designou ás e os representantes que onte realizaron a exposición no Salón de Plenos do Concello facendo, unha vez rematado o turno de intervencións, unha rolda de preguntas  e debate cos representantes políticos.  

 

Entre as propostas que se debatiron está a posibilidade de ampliar horario de biblioteca en época de examés engadir á proposta cultural a emisión de películas e obras teatrais en los entros escolares, a dotación de espazos techados no exterior no núcleo de Sada e con zonas Wi-Fi  ou dotar dunha liña de axudas para gasto da xuventude de Sada no comercio local. Os adolescentes demandaron ademáis no encontro co alcalde e a concelleira de Participación Cidadá a construcción dun skatepark ou colocación de redes nas instalacións deportivas da praia das Delicias.

As propostas da mocidade sadense non son vinculantes pero o alcalde trasladoulles “o compromiso de estudar a viabilidade das súas solicitudes” ademáis acordouse a creación da Comisión do Foro da Mocidade, un grupo mixto no que haxa representantes do alumnado, do centro de ensino e tamén do Concello. Enténdese como un órgano informal de participación ademáis dunha  canle de comunicación entre o alumnado dos IES e a Concellería de Participación

Arquivado en