Esta convocatoria é consecuencia de que resultase deserto un (1) dos tres postos que se querían seleccionar na anterior convocatoria.
Ás solicitudes de participación achegarase a documentación sinalada na base 4ª.2 e axustaranse ao modelo que está a disposición na seguinte ligazón: https://www.sada.gal/ga/a-un-click/impresos ou que se lles facilitará nas dependencias municipais.
(nota: de presentarense a instancia electronicamente no modelo referido recoméndase imprimilo en formato .pdf unha vez cumprimentado e antes de asinalo, para que os campos do formulario queden pechados)
O prazo de presentación de solicitudes é o establecido na base 4ª (sete -7- días naturais a partir do seguinte ao de publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP), o cal produciuse hoxe.
As taxas serán as establecidas na base 5ª (6 euros). A carta de pagamento descargarase seguindo o procedemento que aparece na sede electrónica do Concello de Sada (Oficina Virtual Tributaria), opción: pagamento de taxas/Exp.doc,act,addm e outros dos/dereitos de exame. Indicar como concepto do ingreso: Taxas PS 3-2025
- 12/06/2025 - Resultados finais do proceso selectivo para un (1) posto de operario-peón (PEL II 2025)
- 09/06/2025 - Anuncio resultados 2º exercicio da fase de oposición e valoración do méritos da fase de concurso do proceso selectivo para un (1) posto de operario-peón PEL II 2025
- 05/06/2024 - Resultados 1º exercicio e convocatoria do 2º do proceso selectivo dun operario-peón PEL II 2025
- 21/05/2025 - Listaxe provisoria de persoas admitidas do proceso selectivo: PS 3- 2025, para a contratación laboral temporal de 1 operario-peón (PEL Concellos 2025)
- BOP núm.85,7-5-25 2_ convocatoria 1 peón-operario PEL 2025
- BOP Bases aplicables p.selectivo 11-3-25.