Nova xornada de lectura asistida con cans na Biblioteca Municipal

04 / ABR / 2019

Nova xornada de lectura asistida con cans na Biblioteca Municipal

Mañá celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, data na que se conmemora o nacemento do escritor Hans Christian Andersen, e na Biblioteca Municipal de Sada se suman as celebracións cunha nova sesión do obradoiro de lectura asistida con cans “Aprende a ler con Nora”, que terá lugar o xoves 4 de abril de 17:00 a 19:00 horas.

Listaxe de persoas admitidas e de agarda para Aprende a ler con Nora

Sada, 1 de abril  2019.

Nora é una cadela moi alegre que desde pequena comezou a súa educación dentro de centros de traballo para converterse en cadela de terapia.  Xunto á súa adestradora Laura González, estarán o vindeiro xoves 4 de abril de 17:00 a 19:00 horas na Biblioteca Municipal de Sada nunha nova sesión do obradoiro de lectura “Aprende a ler con Nora” do programa Perros e Letras de animación á lectura con cans adestrados  especialmente para ler con nenos.

Nesta segunda edición do programa organizado pola Bibliteca Municipal habrá 12 prazas disponibles onde terán preferencia as persoas empadroadas en Sada e que non tivesen participado en sesións anteriores desta actividade.  O prazo de inscrición remata o mércores 3 de abril ás 18:30 horas. En caso de que as inscricións superen o número de prazas  terá lugar un sorteo público entre todas as persoas solicitantes o mércores 3 de abril ás 19:30 horas na Biblioteca Municipal.

Grazas a este programa, os menores len libros a un can especialmente adestrado para ler con eles, algo que mellora as habilidades lectoras do neno, sobre todo a súa fluidez e comprensión lectora. Segundo os expertos que levan a cabo a actividade, o éxito do programa radica na conexión emocional que se establece entre o can e o neno que le para o animal. O can escoita atentamente, axuda a relaxarse e diminúe a ansiedade, no xulgan, non se burla e non critica, é menos intimidante que os compañeiros de clase ou que adultos e deixa que o neno vaia ao seu propio ritmo.

En España, os cans R.E.A.D. de “Perros y Letras” estiveron lendo en lugares tan emblemáticos como a Biblioteca Nacional de España e en multitude de librarías e outros espazos como a Fundación Jesús Abandonado, A Casa do Libro ou a FNAC.

Arquivado en