O servizo de Normalización municipal ten como obxectivo a potenciación do uso da lingua galega no Concello de Sada.
Este SNL atende tanto a aspectos organizativos da administración local como ás necesidades lingüísticas do conxunto da poboación sadense. Desta forma, a súa actividade céntrase nos eidos do asesoramento, formación e dinamización.
Informamos ás familias inscritas para participar na actividade “A Vila do Mañá” que debido ás condicións meteorolóxicas previstas para a próxima semana, esta NON PODERÁ CELEBRARSE entre o luns 1 e o xoves 4 de setembro.
A Concellería de Benestar Social e Igualdade e Emprego programa as actividades sociais dirixidas a persoas maiores de 55 anos para contirubuír co envellecemento saudable, fomentar a autonomía persoal, promover a participación e integración social das persoas. Prazo de inscripción: Do 25 de agosto ao 5 de setembro (ambos inclusive)
O Concello de Sada organiza unha nova edición da feria do comercio local dentro do marco das Festas de Agosto 2025 en Sada, a celebrar nas datas do 9 e 10 de agosto. A Feira instalarase no Paseo Marítimo de Sada, á altura do edificio da Terraza, con espazo estimado para 23 postos de venda.
Estas bases reguladoras teñen por obxecto establecer o procedemento, criterios de valoración e condicións da concesión de postos para exercer a venta ambulante dentro do mercado da XIV Feira Modernista de Sada.
O Concello de Sada organiza esta cita cultural de referencia que combina tradición, diversión e identidade histórica
A Concellería de Cultura propón celebrar unha nova edición do Mercado Mariñeiro. O obxecto das bases que agora se presentan é o de establecer as condicións e o procedemento para outorgar autorizacións para ocupar espazos de uso público para organizar un mercado de artesanía de temática mariñeira dentro do marco das Festas do Carme 2025 en Sada, a celebrar nas datas do 19 e 20 de xullo.
Procedemento de matrícula do servizo de comedores escolares no CEIP Sada y Contornos xestionados polo Concello de Sada, para o curso escolar 2025-2026. En función das situacións sobrevidas que puideran xerarse, o servizo poderá sufrir cambios no desenvolvemento do mesmo.
Contratación laboral temporal, dun (1) posto de peón forestal, na modalidade para a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral, a tempo completo, obxecto da oferta de emprego introducida polo Concello de Sada, no marco do programa APROL Rural da Xunta de Galicia.
O sábado 12 de xullo o Concello de Sada e a SGHN organizan unha saída medioambiental a Praia de Arnela onde coñeceremos as especies vexetais e animais máis comúns no rico espazo intermareal da ría de Sada.
O goberno galego non atendeu ningunha das demandas expostas polo Concello de Sada ó longo destes meses. “A Xunta aumenta os custes do transporte público para o Concello de Sada ó tempo que nos recorta servizos, non o imos tolerar”, remarcou o alcalde, Benito Portela
Convocatoria bolsa de emprego para postos de Xefe de brigada, peón e peón-conductor