NIN SARDIÑADAS NIN CHURRASCADAS NAS RÚAS DE SADA NA NOITE DE SAN XOAN

23 / XUN / 2020

NIN SARDIÑADAS NIN CHURRASCADAS NAS RÚAS DE SADA NA NOITE DE SAN XOAN

Na noite do 23 de xuño non se poderán realizar sardiñadas, churrascadas nin utilizar grellas nas rúas e beirarrúas de Sada.

Sada, 23 xuño 2020.

O Concello de Sada precintará a partir das 19:30 horas de hoxe as praias e advirte que tampouco se poderán utilizar os espazos públicos para realizar fogueiras ou concentracións lúdicas para así evitar calquera tipo de rebrote polo coronavirus

Neste sentido lembra que non está permitido realizar Churrascadas é/ou Sardiñadas así como o uso de grellas nas rúas e beirarrúas durante o día de hoxe tanto por particulares como por locais de hostalería.

A pandemia non rematou a pesar de que se estean rexistrando unhas cifras alentadoras e por iso non é momento de relaxarse nas medidas con eventos que poidan reunir centos de persoas.

Cacharelas en fincas e casas particulares.

Tamen se informa que está a disposición das veciñas e veciños o correo electrónico sanxoan@sada.gal para notificacións de realizacións de cacharelas na noite de hoxe en casas/fincas particulares ou espazos privados do municipio. Na notificación deberá indicarse o nome do propietario/a da casa/finca, o seu DNI e o enderezo postal do lugar de celebración da cacharela.

Os organizadores de cacharelas en fincas ou casas deberán coidar os arredores e coñecer o teléfono ao que chamar por se xorde algunha incidencia 112 e 607438457.

Porase especial coidado de non situalas baixo tendidos eléctricos ou telefónicos, así como preto de espazos con vexetación e prohíbese a queima de pneumáticos, plásticos, espumas de poliuretano, aceites, e en xeral de calquera substancia que ao arder desprenda fume tóxico. A cacharela non sobrepasará os 3 mts de altura

Lembramos que está a disposición as 24h do día para calquera dúbida o teléfono do SEM 607 43 84 57

 

Arquivado en