MOSTRA DE TEATRO 2022 DOMINGOS DO MES DE OUTUBRO NA CASA DA CULTURA

23 / SEP / 2022

MOSTRA DE TEATRO 2022 DOMINGOS DO MES DE OUTUBRO NA CASA DA CULTURA

A concellería de Cultura programa no vindeiro mes a MOSTRA DE TEATRO SADA 2022 que terá lugar os domingos 2. 9, 16, 23 y 30 de outubro no Auditorio da Casa da Cultura Pintor LLoréns

RESERVA DE ENTRADAS

PROGRAMA

Inauguración e actuación Grupo de Teatro "El búho de Atenea" da Asociación de Castilla La Mancha Coruña.

Domingo 2 outubro - 20h

OBRA: El cadáver del Sr. García. De Enrique Jardiel Poncela. Todos os públicos. 75 minutos.

Sinopsis: Mentres Abelardo atópase no comedor da casa da súa prometida Hortensia, o señor García ten a ocorrencia de coarse no salonciño contiguo para suicidarse. A familia, decide que é mellor chamar ao señor xuíz. Toda unha galería de personaxes ao servizo dunha trama disparatada e repleta de orixinais golpes de humor.

 

Cía Carrachanacacha do Aturuxo de Melpómene

Domingo 9 - 20h

OBRA: A pena do cu do mundo. De Leandro Lamas Hermida Público adulto.  63 minutos.

Sinopsis: Comedia musical na que unha peculiar familia que habita nunha aldea no cu do mundo ve alterada a súa harmonía ao encontrarse coa amenaza dunha concelleira que quere construir un parque temático sobre a aldea.

 

Cía. Ditirambo Teatro Coruña

Domingo 16 - 20h

OBRA: Apuntamentos para un magnicidio. De Lola Roel. A partir de 14 anos. 80 minutos.

Sinopsis: En plena campaña electoral o alcalde Fulgencio Pacheco promete construir mil viviendas sociais nun dos barrios mais deprimidos da cidade. Antes de rematar o edificio este derrubase causando a morte de 3 obreiros africanos sen papeis. Co obxecto de ocultar o fatal accidente, o alcalde decide levanta unha rampa de skateboard no lugar onde os mozos xacen sepultos ante a resistencia do xefe de obra que reclama xustiza para os seus homes e négase a que sexan esquecidos.

 

Cía. FarandOleiras Cabaré. 

Domingo 23 - 20h

OBRA: Olimpo`s. De Clara Gayo . A partir de 14 anos. 85 minutos.

Sinopsis: FarandOleiras sobe ás alturas para amosarnos como viven e pensan as deusas e deuses dun hipotético (e bastante galego) Olimpo e como inflúe a súa presenza nos  obres mortais. Neste Olimpo farandoleiro, tamén se fan enquisas de igualdade, tamén hai teito de cristal e... Ata hai secesionismo galego!

 

Cía. A Tenencia Teatro

Domingo 30 - 20h

Cía. A Tenencia Teatro

OBRA: Retratos vellos. De: Feijoo de Araújo, Benito Fandiño, Pérez-Parallé e María del Carmen García Roel. A partir de 14 anos. 80 minutos.

Sinopsis: Co afán de entreter, con gana de facer rir, e máis tamén de pensar... nos retratos, nos tratos e na beleza das nosas historias... Poñemos en escena tres pequenas comedias da literatura dramática galega en verso: A contenda  os labradores de Caldelas, A Casamenteira e Camiño da Feira. Ligadas polas historias que conta Rosa, Rosiña, a de Meá, si. Xa sabedes quen ven sendo, nonsi? A duración...ata que se acabe a peseta... 

 

Arquivado en