Melloras na cobertura de fibra e rede 4G no municipio de Sada

22 / NOV / 2021

Melloras na cobertura de fibra e rede 4G no municipio de Sada

Operarios de Telefónica están a realizar a preinstalación de fibra previstas nos distintos plans

Nas ultimas semanas está a realizarse a preinstalación de fibra óptica previstas nos plans de desplegue por parte da compañía Telefónica nas zonas do núcleo urbanos: Avenida do porto, Barrie de la Maza, Avenida Sada e contornos e nas parroquias, nalgunas zonas en Carnoedo, (Campo da Cruz, Souto), ademais, estáse a mellorar a cobertura 4G en todo o termo municipal.

Este feito pode implicar as interferencias na sinal do TDT para o que a veciñanza que poida verse afectada dispon dun servizo gratuito para acometer as tareas de instalación dun filtro na vivenda evitando así o cruce de frecuiencias. Este serizo pode solicitarse no teléfono 900833999

Desde a concellería de Novas Tecnoloxías sinalan que segue aberta a enquisa de cobertura de fibra para que a veciñanza que non dispoña de este servizo poida incluir os seus datos e así o concello solicitarlle as entidades correspondentes a inclusión desos inmobles nos próximos plans de despregue. As persoas enteresadas en participar na enquisa de fibra poden facelo premendo aquí

O Concello de Sada celebra que estén avanzando cos traballos de despregue de fibra que levan grandes retrasos e ademáis que se mellore a cobertura móbil, algo que xa reclamou en varias ocasións. Pero desde a concellería de Novas Tecnoloxías enténdese que non é suficiente. Os distintos plans de desplegue de fibra e os de cobertura móbil elaborados non contemplan toda a superficie do noso municipio, sinala a concelleira Rebeca Mouriño,  polo que estamos a solicitar á veciñanza que nos indique si a súa zona de residencia ten ou non cobertura suficiente para poder trasladar ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital os datos  que nos aporte a consulta pública para que as teñan en conta. 

"Insistiremos ante o Ministerio que a súa información georreferenciada é ineficaz á hora de propoñer o despregue do último Plan. Consideramos que o erro está en recoller os datos de cobertura reportada polos operadores  sen ter en conta as características e necesidades reais dos municipios", recalca Mouriño.

Arquivado en