Medidas Sanitarias COVID19 en Sada

15 / ENE / 2022

Medidas Sanitarias COVID19 en Sada

MEDIDAS DESDE O 15 XANEIRO 2022

RESUMO DE MEDIDAS APLICABLES A SADA

ORDE do 22 de outubro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia e se modifica a Orde do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia.

ORDE do 14 de decembro de 2021 pola que se establecen medidas preventivas de seguridade sanitaria consistentes na exhibición de documentación que acredite o cumprimento de determinados requisitos para o acceso a certos establecementos e se prorrogan diversas ordes como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

ORDE do 29 de decembro de 2021 pola que se modifican a Orde do 22 de outubro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, a Orde do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da ComunidadeAutónoma de Galicia e a Orde do 29 de setembro de 2021 pola se aproba o novo Plan de lecer nocturno da Comunidade Autónoma de Galicia.

ORDE do 3 de xaneiro de 2022 pola que se modifica a Orde do 14 d e setembro  de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia.ORDE do 12 de xaneiro de 2022 pola que se prorrogan e se modifican diversas ordes polas que se establecen medidas cualificadas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia -

ORDE do 13 de xaneiro de 2022 pola que se prorroga a Orde do 22 de outubro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia e se modifica a Orde do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia.

ORDE do 3 de xaneiro de 2022 pola que se modifica a Orde do 14 d e setembro  de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia.

As medidas previstas terán efecto desde as 00.00 horas do día 15 de xaneiro de 2022


USO DA MÁSCARA

  • A máscara será obrigatoria en todo momento para as persoas de seis ou máis anos en espazos pechados ou que se encontren abertos ao público.
  • Cando estean na vía pública e en  espazos ao aire libre
  • Na vía pública e en  espazos ao aire libre.
  • Nos medios de transporte aéreo, marítimo, en autobús e por ferrocarril e estacións de viaxeiros así como nos transportes públicos e privados complementarios de viaxeiros en vehiculos de ata nove prazas incluído o condutor.
  • Nas actividades no ámbito laboral desenvolvidas en espazos interiores, comúns ou de uso colectivo ou en calquera outra dependencia en que estean varios traballadores/as e/ou clientes será tamén obrigatorio o seu uso.
  • Tamén será obrigatoria para os accesos, desprazamentos e paseos nas praias e piscinas cando se produzan aglomeracións de persoas que impidan  manter a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.


EXCEPCIÓNS:

  • Persoas que presenten algún tipo de enfermidade ou dificultade respiratoria que se poida ver agravada polo uso da máscara ou que, pola súa situación de discapacidade ou dependencia, non dispoñan de autonomía para quitar a máscara, ou ben presenten alteracións de conduta que fagan inviable a súa utilización.
  • Nos vehículos de turismo, cando todas as persoas ocupantes convivan no mesmo domicilio.
  • No mar, praias e piscinas no exterior e cubertas, lagos ríos ou otras zonas de baño no momento do baño.
  • No exterior en espazos naturais (campos, terreos forestais ou agrícolas e as praias) sempre que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal entre as persoas non conviventes.
  • Nos establecementos de hostalaría e restauración, exclusivamente nos momentos estritamente necesarios para comer ou beber.
  • No exercicio de deporte individual en espazos ao aire libre ou na vía pública, exclusivamente durante a realización da práctica deportiva, sempre que, tendo en conta a posible concorrencia de persoas e as dimensións do lugar, poida garantirse o mantemento, en todo momento, da distancia de 1,5 metros con outras persoas ou deportistas non conviventes. 
  • Na práctica do deporte no medio acuático, sexa este natural ou artificial.
LIMITACIÓN DA PERMANENCIA DE GRUPOS DE PERSOAS
 
Entre as 3.00 e as 6.00 horas dos venres, sábados, domingos e festivos​, a permanencia de grupos de persoas en espazos de uso público, tanto pechados como abertos ou ao aire libre, e en espazos de uso privado quedará limitada aos constituídos exclusivamente por persoas conviventes. 
 
EXCEPCIÓNS (entre outras):
a) As persoas que viven soas, que poderán formar parte dunha única unidade de convivencia ampliada. Cada unidade de convivencia pode integrar soamente unha única persoa que viva soa.
b) A reunión de persoas menores de idade cos seus proxenitores, no caso de que estes non convivan no mesmo domicilio.
c) A reunión de persoas con vínculo matrimonial ou de parella cando estes vivan en domicilios diferentes.
d) A reunión para o coidado, a atención, a asistencia ou o acompañamento a persoas menores de idade, persoas maiores ou dependentes, con discapacidade ou especialmente vulnerables.


VIDA SOCIAL E COMUNITARIA

  • Lugares de culto: 100% da súa capacidade máxima permitida.
  • Cerimonias nupciais e outras celebración relixiosas ou civís:Cócteis e actos de recepción con aperitivo e público de pé, deben respectar a distancia de seguridade entre persoas non conviventes. Non se permite a realización de cócteles e actos de recepción con aperitivo e público de pé (Non será aplicable a aquelas celebracións que se celebren o 18 e o 19 de decembro que xa estivesen concertadas antes do día 16 de decembro).​
  • Congresos, actos e reunión laborais, institucionais, académicos ou profesionais: 100% da capacidade autorizada do local sempre que o público permaneza sentado. Non se permite a realización de cócteles e actos de recepción con aperitivo e público de pé .(Non será aplicable a aqueles que se celebren o 18 e o 19 de decembro que xa estivesen concertados antes do día 16 de decembro)
  • Espazos de exposición: 100%
  • Bibliotecas e arquivos, museos, salas de exposición, monumentos e outros equipamentos culturais: 100% da súa capacidade máxima permitida.
  • Cines, teatros, auditorios ou espazos similares: 100% da súa capacidade máxima permitida e o público deberá permanecer sentado.
  • Medidas específicas de actos institucionais, congresos, feiras e outros eventos profesionais de análoga natureza, cines, teatros, auditorios
    • 1. Recintos pechados con asistencia de público superior a 200 persoas
    • 2. Recintos acoutados ao aire libre con asistencia de público superior a 500 persoas
    • 3. Recintos acoutados ao aire libre ou espazos pechados con autorización de venda de alimentos ou bebidas
    • 1.Actos institucionais, congreso, feiras e outros eventos profesionais de análoga natureza
    • 2.Actividades en cines, teatros, auditorios e espazos similares, e outros eventos realizados en recintos pechados e noutros locais e establecementos destinados a espectáculos públicos e actividades recreativas.
    • O acceso das persoas maiores de 12 anos requirirá da presentación dun certificado emitido polo servizo público de saúde ou, no caso do ordinal 2º, por un laboratorio oficial autorizado, que acredite a concorrencia de calquera das seguintes circunstancias: 
    •     Pauta completa dunha vacina contra a COVID-19 para a cal se concedeu unha autorización de comercialización, de conformidade co Regulamento (CE) 726/2004.
    •     Proba diagnóstica PCR negativa nas últimas 72 horas anteriores ou 48 horas no caso de tests de antíxenos.
    •     Recuperación dunha infección diagnosticada nos últimos 6 meses.(caso confirmado da COVID-19 hai 11 días ou máis mediante unha proba PCR.
 
CENTROS, SERVIZOS E ESTABLECEMENTOS SANITARIOS
 
Medidas específicas:
 
As visitas e acompañantes dos pacientes hospitalizados poderán acceder aos centros hospitalarios, tanto públicos como privados, sempre que as persoas maiores de 12 anos dispoñan dun certificado emitido polo servizo público de saúde ou, no caso do ordinal 2º, por un laboratorio oficial autorizado, que acredite a concorrencia de calquera das seguintes circunstancias: 
    • Pauta completa dunha vacina contra a COVID-19 para a cal se concedeu unha autorización de comercialización, de conformidade co Regulamento (CE) 726/2004.
    • Proba diagnóstica PCR negativa nas últimas 72 horas anteriores ou 48 horas no caso de tests de antíxenos
    • Recuperación dunha infección diagnosticada nos últimos 6 meses.(caso confirmado da COVID-19 hai 11 días ou máis mediante unha proba PCR.
 
Esta medida será aplicable tamén para visitas e acompañantes en hoteis de pacientes e hospitais de día  oncolóxico ou de diálise, tanto públicos como privados.
A medida non será aplicable para o acceso das persoas acompañantes dos pacientes no ámbito das consultas hospitalarias, nin para os acompañantes dos pacientes que acu­dan ao servizo de urxencias hospitalarias. 
 
CENTROS SOCIOSANITARIOS RESIDENCIAIS DE MAIORES E DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE
Medidas específicas:
 
As visitas e acompañantes das persoas residentes poderán acceder a estes centros tanto públicos como privados, sempre que as persoas maiores de 12 anos dispoñan dun certificado emitido polo servizo público de saúde ou, no caso do ordinal 2º, por un laboratorio oficial autorizado, que acredite a concorrencia de calquera das seguintes circunstancias: 
    • Pauta completa dunha vacina contra a COVID-19 para a cal se concedeu unha autorización de comercialización, de conformidade co Regulamento (CE) 726/2004.
    • Proba diagnóstica PCR negativa nas últimas 72 horas anteriores ou 48 horas no caso de tests de antíxenos.
    • Recuperación dunha infección diagnosticada nos últimos 6 meses.(caso confirmado da COVID-19 hai 11 días ou máis mediante unha proba PCR.
 
 
COMPETICIÓNS DEPORTIVAS:
    • Ao aire libre: Público sentado: 75 %
    • Recinto pechado: Público sentado: 50 %
 
Medidas específicas en
 
1. Recintos pechados con asistencia de público superior a 200 persoas
2. Recintos acoutados ao aire libre con asistencia de público superior a 500 persoas
3. Recintos acoutados ao aire libre ou espazos pechados con autorización de venda de alimentos ou bebidas
O acceso das persoas maiores de 12 anos requirirá da presentación dun certificado emitido polo servizo público de saúde ou, no caso do ordinal 2º, por un laboratorio oficial autorizado, que acredite a concorrencia de calquera das seguintes circunstancias: 
    • Pauta completa dunha vacina contra a COVID-19 para a cal se concedeu unha autorización de comercialización, de conformidade co Regulamento (CE) 726/2004.
    • Proba diagnóstica PCR negativa nas últimas 72 horas anteriores ou 48 horas no caso de tests de antíxenos.
    • Recuperación dunha infección diagnosticada nos últimos 6 meses.(caso confirmado da COVID-19 hai 11 días ou máis mediante unha proba PCR.
 


PRAIAS E PISCINAS

  • Piscinas ao aire libre e cubertas:  100% da capacidade máxima
  • Duchas e lavapés ao aire libre: 1 persoa por dispositivo agás no caso de menores ou persoas que necesiten asistencia.
  • Vestiarios e aseos en todas as instalacións: 100 %.
  • Uso obrigatorio da máscara: Accesos, desprazamentos e paseos, cando se produzan aglomeracións de persoas que impidan  manter a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.


PARQUES ACUÁTICOS

  • 100% da súa capacidade máxima.
  • Control de acceso tanto a entrada como a saída.
  • Uso individual de flotadores ou outros elementos agás no caso de menores ou persoas que necesiten asistencia
  • Duchas e lavapés ao aire libre: 1 persoa por dispositivo agás no caso de persoas que necesiten asistencia.


DESPRAZAMENTOS EN VEHÍCULOS PARTICULARES

  • Tantas prazas como dispoña o vehículo.​
  • Deberase usar sempre máscara dentro do vehículo cando se trate de persoas non conviventes.


ESTABLECEMENTOS DE HOSTALARÍA E RESTAURACIÓN

    • Plan de hostalaría segura: https://coronavirus.sergas.es/Contidos/Novo-Plan-hostalaria-segura​

    • En todos os niveis

        ◦ Interior : máximo 8 persoas por mesa ou agrupación de mesas.

 

        ◦ Exterior : máximo 10 persoas por mesa ou agrupación de mesas.

Non se poderán celebrar actividades recreativas como cotillóns e festas cando se ofrezan servizos de bebida e restauración se estes establecementos non contan co correspondente título habilitante propio das actividades de hostalaría e restauración.

MEDIDAS ESPECÍFICAS PARA TODOS OS NIVEIS

Serán aplicable aos seguintes supostos:

    • Acceso ao interior dos restaurantes e salón de banquetes, bares, cafeterías e furanchos.

Os clientes, maiores de 12 anos, deben dispoñer dun certificado emitido polo servizo público de saúde ou, no caso do ordinal 2º, por un laboratorio oficial autorizado que acredite a concorrencia de calquera das seguintes circunstancias:

Pauta completa dunha vacina contra a COVID-19 para a cal se concedeu unha autorización de comercialización, de conformidade co Regulamento (CE) 726/2004.

Proba diagnóstica PCR negativa nas últimas 72 horas anteriores ou 48 horas no caso de tests de antíxenos. 

Recuperación dunha infección diagnosticada nos últimos 6 meses.(caso confirmado da COVID-19 hai 11 días ou máis mediante unha proba PCR.

 

Non será necesaria a eshibición de documentación para a prestación de servizo en terrazas situadas no exterior.

    • Nivel 1c (unha cunchiña)

        ◦ Interior : 100 % da capacidade máxima permitida.

        ◦ Terrazas : 100 % da capacidade máxima permitida.

        ◦ Non se permite o consumo en barra.

        ◦ Horario do peche ao público: 

            ▪ 00.00 horas 

            ▪ Noites do venres ao sábado, do sábado ao domingo e as vésperas de festivos: 01.00 horas.

        ◦ Distancia de seguridade entre mesas ou agrupación de mesas: 1.5 metros.

        ◦ Calidade do aire interior:

            ▪ Avaliación non continua (cada 4 horas e nos momentos de máxima afluencia).

    • Nivel 2c (dúas cunchiñas):

        ◦ Interior : 100 % da capacidade máxima permitida.

        ◦ Terrazas : 100 % da capacidade máxima permitida.

        ◦ Non se permite o consumo en barra. 

        ◦ Horario do peche ao público: 

            ▪ 00.00 horas 

            ▪ Noites do venres ao sábado, do sábado ao domingo e as vésperas de festivos: 01.00 horas.

 

        ◦ Distancia de seguridade entre clientes dunha mesa e da contigua: 1.5 metros.

        ◦ Rexistro de clientes no caso de comidas e cenas.

        ◦ Calidade do aire interior:

 

            ▪ Avaliación continua.​

    • Nivel Seguridade: Situación extraordinaria a decisión da Dirección Xeral de Saúde Pública    

        ◦ Interior :30% da capacidade máxima permitida.

        ◦ Terrazas: 50%  da capacidade máxima permitida.

        ◦ Horario do peche ao público: 23.00 horas

 

        ◦ Distancia de seguridade entre mesas ou agrupación de mesas: 1,5 metros

 

ESTABLECEMENTOS DE LECER NOCTURNO

Plan de lecer nocturno de Galicia: 

https://coronavirus.sergas.es/Contidos/Lecer-nocturno ​

    • Obrigatorio o uso das máscaras.

    • Distancia de seguridade: 1,5 metros entre mesas ou agrupación de mesas así  como nas zonas de tránsito. 

En todos os niveis:

        ◦ Interior : máximo 8 persoas por mesa ou agrupación de mesas.

        ◦ Exterior: máximo 10 persoas por mesa ou agrupación de mesas.

Non se poderán celebrar actividades recreativas como cotillóns e festas cando se ofrezan servizos de bebida e restauración se estes establecementos non contan co correspondente título habilitante propio das actividades de lecer nocturno.

MEDIDAS ESPECÍFICAS PARA TODOS OS NIVEIS

    • Os clientes deben dispoñer dun certificado emitido polo servizo público de saúde ou, no caso do ordinal 2º, por un laboratorio oficial autorizado que acredite a concorrencia de calquera das seguintes circunstancias:

Pauta completa dunha vacina contra a COVID-19 para a cal se concedeu unha autorización de comercialización, de conformidade co Regulamento (CE) 726/2004.

Proba diagnóstica PCR negativa nas últimas 72 horas anteriores ou 48 horas no caso de tests de antíxenos. 

Recuperación dunha infección diagnosticada nos últimos 6 meses.(caso confirmado da COVID-19 hai 11 días ou máis mediante unha proba PCR)

 Nivel 1c (unha cunchiña)

    • Interior :100% da capacidade máxima permitida. 

      • Terrazas: 100%  da capacidade máxima permitida.

    •  Horario do peche ao público: 03.00 horas

    • Rexistro de clientes.

    • Calidade do aire interior:

            ▪ Avaliación non continua (polo menos cada 4 horas e nos momentos de máxima afluencia). Non superación 1.000 ppm de CO2

 Nivel 2c (dúas cunchiñas):

    • Interior : 100% da capacidade máxima permitida.

    • Terrazas: 100%  da capacidade máxima permitida.

        • Horario do peche ao público: 03.00 horas.

   Rexistro de clientes.

         •  Calidade do aire interior:

            ▪ Avaliación continua. Non superación 1000 ppm de CO2          

 • Nivel Seguridade:    

       ◦ Terrazas: 50%  da capacidade máxima permitida. Consumo sentado

        ◦ Horario do peche ao público: 01.00 horas

 

        ◦ Distancia de seguridade entre mesas ou agrupación de mesas: 1,5 metros

HOTEIS, ALBERGUES E ALOXAMENTOS TURÍSTICOS

MEDIDAS ESPECÍFICAS:

Albergues turísticos: 

 

Poderanse ocupar o 100 % das prazas dos espazos compartidos sempre que todas as persoas maiores de 12 anos dispoñan dun certificado emitido polo servizo público de saúde ou, no caso do ordinal 2º, por un laboratorio oficial autorizado que acredite a concorrencia de calquera das seguintes circunstancias:

  • Poderán ofertar a totalidade das habitacións dispoñibles.
  • Zonas comúns dos hoteis, albergues e aloxamentos turísticos: 100% da súa capacidade.
  • Albergues turísticos:
    • ​100% cando se trate de grupo "burbulla" ​ou unidade familiar.
    • 100%  cando:​
      • Presentación dun certificado COVID dos clientes:Pauta completa dunha vacina contra a COVID-19 para a cal se concedeu unha autorización de comercialización, de  conformidade co Regulamento (CE) 726/2004 .
      • Proba diagnóstica PCR negativa nas últimas 72 horas anteriores ou 48 horas no caso de tests de antíxenos
      • Recuperación dunha infección diagnosticada nos últimos 6 meses.(caso confirmado da COVID-19 hai 11 días ou máis mediante unha proba PCR).
    • Non será obrigatoria a documentación cando a ocupación dos espazos compartidos  non supere o 50% ou grupos burbulla ou de convivencia estable.​

ESTABLECEMENTOS E LOCAIS COMERCIAIS QUE NON FORMEN PARTE DE CENTROS OU PARQUES COMERCIAIS

  • Establecementos retallistas e de actividades de servizos profesionais: 100% da súa capacidade total.
  • No caso de establecementos ou locais distribuídos en varios andares: 100% de capacidade total en cada un deles.
  • O horario de peche será o que teñan fixado, de acordo coa normativa vixente.
  • Establecementos de mais de 2.500 metros: Sistema de control de número de persoas existente.​


ESTABLECEMENTOS QUE TEÑAN A CONDICIÓN DE CENTROS E PARQUES COMERCIAIS, OU QUE FORMEN PARTE DELES E GRANDES SUPERFICIES

  • Establecemento retallista e de actividades de servizos profesionais: 100% da súa capacidade total.
  • O horario de peche será o que teñan fixado, de acordo coa normativa vixente.
  • No caso de establecementos ou locais distribuídos en varios andares: 100% de capacidade total en cada un deles.
  • Sistema de control de número de persoas existentes.
  • Permitirase a utilización das zonas recreativas (zonas recreativas, ludotecas, parque infantís ou áreas de descanso) respetando a capacidade permitida para as zonas comúns 


MERCADOS AO AIRE LIBRE

  • 100% dos postos habituais ou autorizados


CENTROS DE LECER INFANTIL

  • Capacidade máxima tanto no interior como no exterior 100%.


ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE PARA A POBOACIÓN INFANTIL E XUVENIL E ALBERGUES E CAMPAMENTOS XUVENÍS.

  • Actividades de tempo libre: 100 % da súa capacidade máxima
  • Albergues e campamentos xuvenís: 100 % da súa capacidade máxima

ACTIVIDADE DEPORTIVA

Non federada:

  • Ao aire libre e en instalacións deportivas cubertas: de forma individual ou en grupos coa utilización de máscara
  • Instalacións deportivas cubertas: 100% da capacidade máxima permitida.
  • Uso deportivo de piscinas ao aire libre ou cubertas: 100 %
  • Duchas e lavapés ao aire libre: 1 persoa por dispositivo agás no caso de menores ou persoas que necesiten asistencia.
  • Duchas en instalacións pechadas: 100% teñan ou non cabinas.
  • Vestiarios e aseos en todas as instalacións: 100 %.
Medidas específicas para centros ou instalacións deportivas pechadas e piscinas de uso colectivo cubertas
 
Os usuarios, maiores de 12 anos, deben dispoñer dun certificado emitido polo servizo público de saúde ou, no caso do ordinal 2º, por un laboratorio oficial autorizado que acredite a concorrencia de calquera das seguintes circunstancias:
Pauta completa dunha vacina contra a COVID-19 para a cal se concedeu unha autorización de comercialización, de  conformidade co Regulamento (CE) 726/2004 .
Proba diagnóstica PCR negativa nas últimas 72 horas anteriores ou 48 horas no caso de tests de antíxenos. 
Recuperación dunha infección diagnosticada nos últimos 6 meses (caso confirmado da COVID-19 hai 11 días ou máis mediante unha proba PCR)


Federada:

  • Axustarase aos correspondentes protocolos Fisicovid-Dxtgalego aprobados.


ACADEMIAS, AUTOESCOLAS E CENTROS PRIVADOS DE ENSINO NON REGRADO E CENTROS DE FORMACIÓN

  • Poderá impartirse dun modo presencial co 100% da capacidade máxima permitida.

ACUARIOS , ESTABLECEMENTOS E ACTIVIDADES ZOOLÓXICAS ,BOTÁNICAS OU XEOLÓXICAS .

  • Poderán realizar a súa actividade co 100% de ocupación.


FESTAS,  VERBENAS E OUTROS EVENTOS POPULARES

  • Deberán realizarse en espazos acoutados
  • Na zona de público non están permitidas as carpas con lonas laterais que impidan a ventilación natural.
  • Pódese bailar, sempre con máscara.
  • Poderá preverse o servizo de comida e bebidas se se realiza en espazos habilitados. O consumo realizarase fóra da zona de baile.
  • Non está permitido fumar, consumir outros produtos do tabaco nin consumir cigarros electrónicos na área de público.
  • A venda/reserva de entradas, de ser o caso, será por adiantado, con rexistro previo dos asistentes.
  • Seranlle de aplicación os protocolos accesibles no seguinte enderezo: https://coronavirus.sergas.es/Contidos/Espectaculos-musicais-aire-libre
Medidas específicas en:
1. Recintos pechados con asistencia de público superior a 200 persoas
2. Recintos acoutados ao aire libre con asistencia de público superior a 500 persoas
3. Recintos acoutados ao aire libre ou espazos pechados con autorización de venda de alimentos ou bebidas :
O acceso das persoas maiores de 12 anos requirirá da presentación dun certificado emitido polo servizo público de saúde ou, no caso do ordinal 2º, por un laboratorio oficial autorizado, que acredite a concorrencia de calquera das seguintes circunstancias: 
    • Pauta completa dunha vacina contra a COVID-19 para a cal se concedeu unha autorización de comercialización, de conformidade co Regulamento (CE) 726/2004.
    • Proba diagnóstica PCR negativa nas últimas 72 horas anteriores ou 48 horas no caso de tests de antíxenos.
    • Recuperación dunha infección diagnosticada nos últimos 6 meses.(caso confirmado da COVID-19 hai 11 días ou máis mediante unha proba PCR.


ESPECTÁCULOS MUSICAIS ARTÍSTICOS

Medidas específicas en:

1. Recintos pechados con asistencia de público superior a 200 persoas

2. Recintos acoutados ao aire libre con asistencia de público superior a 500 persoas

3. Recintos acoutados ao aire libre ou espazos pechados con autorización de venda de alimentos ou bebidas

O acceso das persoas maiores de 12 anos requirirá da presentación dun certificado emitido polo servizo público de saúde ou, no caso do ordinal 2º, por un laboratorio oficial autorizado, que acredite a concorrencia de calquera das seguintes circunstancias: 

    • Pauta completa dunha vacina contra a COVID-19 para a cal se concedeu unha autorización de comercialización, de conformidade co Regulamento (CE) 726/2004.

    • Proba diagnóstica PCR negativa nas últimas 72 horas anteriores ou 48 horas no caso de tests de antíxenos.

    • Recuperación dunha infección diagnosticada nos últimos 6 meses.(caso confirmado da COVID-19 hai 11 días ou máis mediante unha proba PCR.​

ATRACCIÓNS DE FEIRAS

  • Puntos diferenciados de entrada e saída.  
  • Os asistentes e o persoal das atraccións deberán portar máscara de maneira obrigatoria (sempre que non se poida manter a distancia de seguridade).
  • Poderán ocuparse todas as prazas dispoñibles.


PARQUES DE ATRACCIÓNS E TEMÁTICOS, SALÓNS RECREATIVOS E PARQUES MULTIOCIO​

  • 100% da súa capacidade máxima.
  • Os asistentes e o persoal das atraccións deberán portar máscara de maneira obrigatoria.
  • Vestiarios e aseos en todas as instalacións: 100 %.


CENTROS SOCIAIS, SOCIOCOMUNITARIOS, CLUBS DE XUBILADOS E CENTROS DE ANÁLOGA NATUREZA

  • 100% da súa capacidade máxima.

ACTIVIDADES TURÍSTICAS, CENTROS DE INTERPRETACIÓN E VISITANTES, AULAS DA NATUREZA, CASETAS E PUNTOS DE INFORMACIÓN

  • Centros de interpretación e visitantes, aulas da natureza, casetas e puntos de información da Rede galega de espazos protexidos e espazos similares​: 100% da súa capacidade.

Arquivado en