INCIDENCIAS POR MOR DO TEMPORAL INGRID

26 / ENE / 2026

INCIDENCIAS POR MOR DO TEMPORAL INGRID

Persoal da área de Seguridade Cidadá do Concello de Sada —Servizo de Emerxencias Municipal e Policía Local— ven traballando intensamente dende a pasada semana en numerosas intervencións provocadas polo paso da borrasca Ingrid.

Durante estes días rexistráronse múltiples avisos por caída de cableado, árbores e postes, así como desprendementos de elementos en fachadas e cubertas de edificios, como consecuencia dos fortes ventos que azoutaron a zona. Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais nin materiais de consideración.

O Concello de Sada agradece a colaboración da veciñanza, xa que unha parte fundamental da seguridade comeza coa prevención de situacións de risco. Nesta xornada e nas vindeiras continuarán activas distintas alertas das que se irá dando conta polas canles oficiais do 112, polo que é preciso manter a vixilancia.

Lembramos que, ante calquera emerxencia, se debe chamar ao 112.

Arquivado en