Homenaxe aos campións de taekwondo

04 / MAR / 2016

Homenaxe aos campións de taekwondo

Sada homenaxeou aos deportistas do Natural Sport de Taekwondo que nas últimas semanas conseguiron medallas en diferentes torneos de categoría nacional e europea.

No Salón de Plenos do Concello o alcalde de Sada, Benito Portela, e a concelleira de Deportes, Zeltia García, entregaron unha carta de recoñecemento ao Natural Sport Sada e aos deportistas  Iker García, Miguel Orro, Sofía Pérez, José Real, Natalia Pérez, Carlos Jiménez, Talía Yu Celada e José Fernández. Tamén se homenaxeou ao club Natural Sport Sada

Os deportistas, aos que recibiu o alcalde e a concelleira de Deportes,  conseguiron medallas no Campionato Europeo de clubs (Iker), no Campionato de España Junior (Miguel Orro), no Campionato de España por Clubs de combate (Sofía Pérez), no Campionato de España Absoluto (José Real e José Fernández) e no Campionato de España de Clubs (Natalia Pérez, Carlos Jiménez, Talía Yu Celada)

Éxito do taekwondo de Sada 

A mediados de febreiro celebraroHmense dous importantes torneos nos que o equipo de taekwondo local, o Natural Sport Sada, logrou alzarse con medallas en distintas disciplinas.

En Turquía disputábase o campionato de Europa de Clubs onde Iker García, do Natural Sport Sada, logrou a medalla de prata sendo o seu primeiro ano en categoría cadete.

Mentres, en Leganés, disputouse o campionato de España Sénior de taekwondo, onde o Natural Sport, foi representado por Sofía Pérez, José Fernández Rey e José Real Pérez, formando parte da selección Galega Absoluta.

Neste torneo José Fernández Rei, conseguiu o subcampeonato de España absoluto en -75KG, mentres que José Real Pérez, alzouse coa medalla de bronce en -87Kg.

O vindeiro xoves 3 de marzo, ás 17:30 horas no edificio do Concello do porto,  realizarase unha recepción por parte do alcalde de Sada, Benito Portela, e a concelleira de deportes, Zeltia García, aos deportistas do natural Sport Sada que participaron nos últimos campionatos parar trasladarlles o parabén en nome do pobo ao que representan e para apoialos a seguir adestrando e competindo por Sada.

 

Arquivado en