GRAN EXPOSICIÓN ADICADA AO PINTOR EDUARDO RIVAS

01 / MAR / 2026

GRAN EXPOSICIÓN ADICADA AO PINTOR EDUARDO RIVAS

Durante os meses de marzo e abril, a Casa da Cultura de Sada abre as portas a unha exposición singular arredor da obra do pintor e exiptólogo Eduardo Fernández Rivas, artista internacional nacido en Sada e falecido no ano 2016.

A mostra reúne arredor de 80 obras reproducidas en lenzo, que permiten achegar ao público a diversidade e intensidade creativa dun autor cun estilo propio, capaz de explorar diferentes linguaxes pictóricas ao longo da súa traxectoria. 

Esta exposición supón tamén unha oportunidade para poñer en valor o legado artístico dun creador da nosa vila, cuxa obra chegou a espallarse por diferentes países e galerías internacionais, e para descubrir de preto parte dese universo creativo que agora pode visitarse en Sada. 

A Casa da Cultura convértese así, durante estas semanas, nun espazo para o encontro coa arte e coa memoria dun artista que fixo da pintura o centro da súa vida.

Arquivado en