GO HOME!

18 / ENE / 2026

GO HOME!

A concellería de Cultura programa o domingo 18 de xaneiro ás 19:00 horas na Casa da cultura Pintor Lloréns a obra GO HOME !!!. Espectáculo AGADIC

ENTRADA 5€ - (VENTA A PARTIR DO 9 DE XANEIRO ÁS 09:30 HORAS)

 

GO HOME conta a historia de Carlos, un fanático do turismo que xa fixo todo tipo de aventuras que as axencias de turismo podíanlle ofrecer. Todas menos unha: unha viaxe sorpresa, as cegas, na que non sabe o que lle vai a sucederer. A peripecia lévao a pasar a noite no Cebreiro, comezando unha aventura na que Carlos gozará de emocións intensas, tales como a dúbida, o medo e a sorpresa.

GO HOME é o novo espectáculo dirixido por Perico Asorey, e está protagonizado por David Amor e Josito Porto en asociación con grandes da dramaturxia como José Prieto, José Faro, Laura Iturralde, Patricia Ferreira e Xavier Bértolo. Trátase dunha comedia, comprometida coa realidade e cun elenco de luxo para tratar unha das temáticas máis de actualidade do momento: o turismo e a xerintrificación.

Esta peza teatral observa a realidade, así como as súas problemáticas asociadas a Galicia, na procura dunha obra chea onde teñen cabida a reflexión, a diversión e a investigación escénica.

Reparto: David Amor e Josito Porto
Dirección: Perico Asorey
Escenografía: José Faro
Iluminación: Laura Iturralde
Vestiario: Patricia Ferreira
Música: Xavier Bértolo

Duración estimada: 65 minutos (sen intermedio)

Arquivado en