XXII Día da Bicicleta Sada 2016

10 / SEP / 2016

XXII Día da Bicicleta Sada 2016

O domingo 18 de setembro Sada celebrará a XXII edición do Día da Bicicleta.

O percorrido realizarase desde as 11:00 ás 13:00 horas con saída e chegada na Casa da Cultura. Os adultos percorrerán un total de 12 km, mentres que os máis pequenos acompañarán aos adultos no seu parte final, polo carril bici do Paseo Marítimo.

O Día da Bicicleta está organizado polo Concello, a través da concellaría de Depotes, e colabora a Deputación da Coruña, Decatlhon Oleiros, o Club Atletismo Sada, Club Ciclita Sada (que fará a súa presentación como club na proba) e Ciclos Paco.

Ao termo do percorrido realizarase entre os participantes un sorteo de agasallos achegados por Decathlon así como dúas bicicletas doadas polo Concello. Ademais fornecerase bebidas aos ciclistas.

As inscricións pódense realizar de maneira presencial en Ciclos Paco e Decathlon Oleiros indicando nome e apelidos do participante, data de nacemento, localidade de procedencia e se a inscrición realízaa un menor de idade será tamén necesaria unha autorización de pai/nai ou titor con nome e apelidos.

Ademais poderase realizar inscricións para o Día da Bicicleta 2016 cubrindo o formulario que aparece máis abaixo indicando no Asunto: Inscrición Dia da Bicicleta Sada 2016. E en Consulta: Nome e apelidos do participante, data de nacemento e localidade de procedencia.

En caso de realizar as inscricións a través desta web os menores deberán facelo a través do seu pai/nai ou titor indicando no asunto: Día da Bicicleta Sada 2016 e no apartado de Consulta: Nome de cada un dos participantes, data de nacemento e localidade de procedencia.

Esta edición do Día da Bicicleta contará cunha exposición que reúne unha serie de bicicletas tipo fixie personalizadas e intervidas por artistas plásticos.

O obxectivo desta exposición é a de achegar o traballo de artistas plásticos mediante a intervención de obxectos cotiáns, como é neste caso unha bicicleta. A bicicleta, como medio de mobilidade ecoloxía e saudable, únese cun traballo persoal creado en exclusiva polos artistas para ser plasmado nun medio de locomoción.

Todas as obras están realizadas sobre o mesmo formato de bicicleta fixie. A única condición é que ditas bicicletas poidan circular perfectamente. Esta mostra está en constante crecemento, posto que se van incorporando obras continuamente. No día da Bicicleta de Sada preséntase o traballo realizado por artistas como Nin9, Batis Campillo, Marc Prat, Edu Albo, Carlos Albert, Isabel Seidel, Proxecto social Recrea Cartón, Mamen Bizarra e Emilie Gireau.

As bicicletas estarán expostas no hall da Casa da Cultura, desde onde parte e chega a proba ciclista, e contan co seu soporte de exposición fabricado en madeira cor natural así como un cartel explicativo do autor e proceso de realización da mesma.

Exposición Día da Bicicleta

Información básica sobre Protección de Datos
Responsable: Concello de Sada.
Finalidade: Obtención do teu consentimento para responder as cuestións que nos expós a través do noso formulario de contacto.
Lexitimación: Consentimento do interesado.
Destinatarios: Non se cederán datos a terceiros, salvo obrigación legal.
Dereitos: Acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, como se explica na información adicional.
Información adicional: Podes consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na seguinte ligazón: Política de Privacidade

Arquivado en