XORNADAS DE CONCILIACIÓN

26/06/2020

XORNADAS DE CONCILIACIÓN

-O Concello de Sada, a través da Concellería de Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación, Mocidade e Novas Tecnoloxías oferta as Xornadas Extraordinarias de Conciliación Familiar para nenas e nenos empadroados cuxo proxenitor/a (no caso de familia monoparenatal) ou proxenitores se atopen na circunstancia de traballo presencial carecendo de posibilidades de coidado dos seus fillos/as menores.

Formulario online de inscrición

Bases de participación Xornadas extraordinarias de conciliación familiar motivadas pola crise sanitaria COVID19


Listaxe de solicitantes admitidos/as - 3ª SEMANA XORNADAS CONCILIACIÓN DO 29 DE XUÑO AO 3 DE XULLO

Listaxe de prazas adxudicadas nas Xornadas de Conciliación - 2º QUENDA DO 22 AO 26 DE XUÑO (EXCEPTO 24)

Listaxe de prazas adxudicadas nas Xornadas de Conciliación - 1º QUENDA DO 15 AO 19 DE XUÑO

A inscrición para a segunda quenda (do 22 ao 26 de xuño) estará habilitada do luns 15 ao mércores 17 de xuño

Este servizo gratuito, que se levará a cabo no colexio Pedro Barrié de la Maza de Mondego entre o 15 de xuño e o 31 de xullo de 2020, estará coordinado por un equipo de monitorado profesional, en espazos adaptados ás medidas de seguridade sanitaria motivadas pola COVID 19 establecidas polo Ministerio de Sanidade e polas autoridades competentes.

Neste sentido cumpriranse coas condicións para a realización de actividades de tempo libre, intentando restrinxir as interaccions aos compoñentes de cada un dos grupos e realizando as actividades no exterior sempre que sexa posible, que se irán modificando segundo marquen as medidas da desescalada, sempre cumprindo cos hábitos de hixiene e distancia. 

As Xornadas disporánse en sete quendas semanais consecutivas, para axustarse mellor ás necesidades das familias que traballen por quendas establecéndose un protocolo de entradas e saídas dependendo da cantidade de usuarios.

A inscrición realizarase mediante formulario online que estará habilitado no período de luns a mércores para as quendas das semanas seguintes.

Arquivado en:
Carnoedo. Novas. Meirás. Mondego. Mosteirón. Avisos. Osedo. Sada. Soñeiro. Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación, Mocidade e Novas Tecnoloxías.

Temas:
Benestar Social. Subvencións e axudas. Formación. Saúde. Educación. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA