VI Outono de Tapas Sada 2018

29/10/2018

VI Outono de Tapas Sada 2018

A concellería de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente de Sada, xunto coa agrupación Eres de Tapas Si..., organiza o VI Certame Outono de Tapas co obxetivo de promocionar e potenciar o sector hostaleiro, a restauración e o turismo do municipio.

O VI Outono de Tapas celebrarase do 2 ao 4 de novembro en 25 locais de hostelería sadense.


VI edición do Concurso Gastronómico de degustación de tapas elaboradas con produtos da tempada de Outono onde participarán vinte e cinco locais de Sada que ofercerán tapas a 1€.

A organización establece tres grupos de votacións: o Xurado Profesional, os votos de todos aqueles que se acheguen a degustar as tapas e queiran participar, e as fotos subidas ó grupo de FB Eres de tapas si... co  hastag #outonodetapas 

Premios:

  • Para o público participante sortearanse 10 vales de 30€ para gastar nun dos locais gañadores,
  • Para os locais participantes con mais votos haberá trofeos e diplomas honoríficos.

Listado de locais participantes: 

A Esquinita - A Nosa Viña – Albayzim - A Xeitosiña - Bar A Lagoa - Bodeguilla Rincón – Canalla – Cobh - Covad´anca - Costa da Morte - Decanta-t - De Playa - Edu's- El Chiringuito - La Biela - Mesón Riobao – Nordeste - O Curruncho - Ría de Sada - Rincón de Burgos - Rincón del Abuelo - Sada Bay - Va Bene - Vinoteca Vivamus – Zumolandia

O xurado do Outono de tapas estará formado por:

  • Fernando España, mais coñecido como Chano, é residente en Sada e apaixonado da gastronomía e os produtos locais. Experto en campañas de Marketing, Branding e desenvolvemento de produto, conxuga os mundos off-line é on-line dunha forma divertida e participativa no grupo de Facebook "Eres de Tapas Si...".
  • Benjamín Bornia, cociñeiro vocacional formado na Escola de Hostalaría May Hoffman en Barcelona, actualmente podemos desfrutar das súas fantásticas propostas en Misco Midas Foodtruck www.miscomidasfoodtruck.com. 
  • José Antonio Domínguez, director de www.rutasyrestaurantes.com, é colaborador da Asociación Internacional do Viño e a Gastronomía, o seu exquisito padal levouno a participar como xurado gastronómico en diferentes eventos.
  • Almudena Feal experta en marketing e ventas ademais de gran apaixonadas do turismo gastronómico.
  • Leticia Romero ao igual que Almudena experta en marketing e ventas e experta do turismo gastronómico.
  • Eva González, amante das viaxes e a aventura, actualmente traballa como Técnica no noso Concello.
  • Lorena Barciela, diplomada en Maxisterio decidiu cambiar a súa vida cando deixou o seu traballo como profesora nunha escola infantil en A Coruña e se trasladou a Sada, convertendo o que era o seu pasatempo como deseñadora téxtil na súa nova profesión. 
  • Enma Pedreira, con ampla experiencia no sector do comercio, hoxe rexenta o seu propio negocio en Sada, a tenda de moda femenina Trendy Life, e forma parte de "Sada Comercio" que busca dinamizar o comercio local.
  • Tatiana Oller converteu as súas dúas grandes paixóns, a cociña e a fotografía, na súa actividade laboral, con colaboracións nun longo número de empresas de catering e restaurantes, ademais de impartir clases de cociña e talleres de repostería para nenos.
  • David Suárez é membro do Movemento Cultural ESPERTO, debuxante no seu tempo libre, amante do arte en xeral e veciño de Sada
  • Lorena Suárez, amante das artes en xeral, é cofundadora do Movemento Cultural ESPERTO e xestora de eventos e espazos culturais, ademais de secretaria da Asociación Cultural Touliña Pop.
  • Sonia Molero é amante da gastronomía e residente en Sada. Xerente e catadora da consultora Uvepositivo, é diplomada en turismo e experta en turismo enolóxico e gastronómico. Obtivo o título de Catador na Escola Española de Cata (Madrid) e o WSET 3 en Londres e é Secretaria Xeral da Asociación de Catadoras de Galicia, Gallaecia.

  • Ana Salorio, técnica en cociñeiro profesional pola Escola de Hostalaría de Sevilla, é a creadora do blog unacocinaconvistas.blogspot.com.es de apoio a cociñeiros afeccionados. Actualmente atopase traballando no lanzamento dun proxecto de servicio de cocina a domicilio.

  • Maruxa García Quiroga é enxeñeira e doutora na temática de estudos de mercado, caracterización e industrialización, investigación sensorial e estatística aplicada. CEO, socia e co-fundadora da spin- off TasteLab, a primeira empresa de tecnoloxía de análise sensorial de España. 

  • Marcos Balboa, diplomado en ADE, xestiona actualmente cinco empresas do ámbito enerxético e de iluminación artística pública. Ademais, é profesor e titor de emprendedores na escola de organización industrial e directivo do Club Financeiro Atlántico, entre outros cargos.

  • María José Otero, licenciada en Química Ambiental pola UDC, é experta en seguridade alimentaria, ademais de CEO da consultaría Sigmanor

 


Arquivado en:
Carnoedo. Novas. Meirás. Mondego. Mosteirón. Avisos. Osedo. Promoción económica, turismo e medio ambiente. Sada. Soñeiro. Veigue.

Temas:
Economía. Turismo. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores. Turistas.

AXENDA