Un Mar de Luces premia aos barcos do Porto Deportivo de Sada mellor engalanados no Nadal

04 / ENE / 2018

Un Mar de Luces premia aos barcos do Porto Deportivo de Sada mellor engalanados no Nadal

Esta competición, con dous apartados, desenvolvese por unha banda na páxina de Facebook da concellaría de Cultura de Sada, onde se eatán a colgar as fotos tomadas polos transeúntes que visitan o porto deportivo e por outro, un xurado premiou os barcos mellor engalanados no Nadal.

Os barcos gañadores desta edición foron a Motora CAYO LONGO de Teresa Bretón Roca e o veleiro NON PROBLEM de Gerardo Lugrís Ríos. 

Sada, 4 xaneiro 2017

O Festival de Luces foi ideado a partir dun barco adornado con luces do Nadal que quedou atracado na Marina de Sada en decembro de 2016, achegando alegría a ese lugar. Desde ese momento, e co obxectivo de integrar aos usuarios da Marina, elaborouse unha competición onde se elixiría o barco a vela e a lancha mellor adornada cada Nadal.

Pero o obxectivo da Marina de Sada, “un porto de saídas e chegadas aberto as 24 horas e lugar de encontro de mariñeiros coas súas familias”, é tamén integrar á comunidade a este proxecto e baixo ese obxectivo programaron xunto á concellaría de Cultura de Sada o concurso de fotografía Un Mar de Luces.

Esta competición, con dous apartados, desenvolvese por unha banda na páxina de Facebook da concellaría de Cultura de Sada, onde se eatán a colgar as fotos tomadas polos transeúntes que visitan o porto deportivo e por outro, establecendo un xurado que premiou aos barcos mellor engalanados no Nadal.

Os concursantes poden participar colgando as fotografías dos barcos engalanados no facebook da concellaría de Cultura ata o 7 de xaneiro, posteriormente entre ese día e o 15 de xaneiro os usuarios da rede social poderán emitir o seu voto das mellores fotografías dándolle a “Me gusta” en cada unha delas.

Previamente, no día de onte,  unha comisión decidiu por votación o barco mellor adornado. O xurado composto por Aldo Pastore, especialista en motores, representando aos partidarios do proxecto; Fernando Suarez, pescador residente de Sada, representando á comunidade; Ricardo Ermel, navegante, administrador de mariñas, en representación do Porto Deportivo Marina de Sada e unha representante da concellaría de Cultura do Concello de Sada, acordaron designar baixo os requisitos de Enxeñaría, que avaliaba a complexidade do adorno; Efectos visuais, que avaliaba a beleza da obra; Orixinalidade e Destaque das Luces a Distancia, os dous barcos gañadores desta edición do concurso Un Mar de Luces.

Os gañadores desta edición foron a Motora CAYO LONGO de Teresa Bretón Roca e o veleiro NON PROBLEM de Gerardo Lugrís Ríos.

Arquivado en