Turismo presenta unha app co directorio empresarial de Sada

06/06/2016

Turismo presenta unha app co directorio empresarial de Sada

- A aplicación para dispositivos móviles de Turismo de Sada recollera toda a información de interese para os visitantes e conveciños; desde recursos turísticos e patrimoniais, ata festas e eventos, comercio e hostalaría, que fará máis accesible a información de cara ao visitante.

-O Pasatapas, gañador dun vale por 100€ para comida/cea nun dos 33 locais participantes na VII Festa da Xiba, corresponde ao número 206A.  A data límite para recoller o premio nas oficinas da concellería no 3º andar do Concello ou na Oficina de Turismo será o 15 de xuño ás 14:00 horas.

- Onte celebrouse en Sada por primeira vez un SWAP, un mercadillo de intercambio de roupa e discos no que a concellería de Promoción Económica participou como concello comprometido co consumo de maneira responsable.

Sada, 6 xuño 2016.

A Concellería de Promoción Económica e Turismo do Concello de Sada, xestionada por Liss Suárez Becerra, está a crear unha aplicación para dispositivos móviles (App), a fin de crear un directorio empresarial web, para, ante todo, facilitar o contacto entre empresas  e comercios asentadas no  noso concello e posibles clientes, sendo un vehículo eficaz para dar a coñecer novos produtos e servizos.

A fin de poder presentar esta nova iniciativa levada a cabo pola concellería e de recoller cantas suxerencias ou melloras que se podan volcar neste proxecto, o vindeiro  mercores 8 de xuño do 2016, as 20:30 horas, haberá unha reunión informativa na Sala de Exposicións Municipal da Capela de San Roque, Plaza de España.

Suárez Becerra sinala que “o feito de que esta concellaría conte con datos actualizados, facilitara o envío de información que podería ser de utilidade para o desenvolvemento da actividade comercial e empresarial “ e anima aos todo o tecido empresarial de Sada que inclúe comercio e hostalería a acudir á presentación desta nova ferramenta dixital.

A aplicación para dispositivos móviles de Turismo de Sada, indica Becerra, recollera toda a información de interese para os visitantes e conveciños; desde recursos turísticos e patrimoniais, ata festas e eventos, comercio e hostalaría, que fará máis accesible a información de cara ao visitante.

Resultados do certame VII Festa da Xiba de Sada

Un xurado composto por Tatiana Oller (Chef), Sonia Molero (Sumiller), e Diego López (Técnico da Reserva da Biosfera), destacaron a alta calidade das tapas ofrecidas polos locais participantes e o gran esforzo realizado para colaborar no éxito desta edición da Festa da Xiba.

A tapa gañadora do concurso segundo o xurado profesional e “Xiba rebozada” de A Nosa Viña. O xurado destacou a importancia de escoller produtos típicos da gastronomía galega como o repolo e o queixo San Simón e combinalos dun xeito orixinal, cun proceso de elaboración difícil e laborioso que obtén como resultado un produto vistoso cunha perfecta combinación de texturas e sabores que realzan os sabores do produto principal: a Xiba.

O xurado, polos motivos anteriormente expostos, quere facer tamén unha mención especial para a tapa "Mini burger Ela" (Hamburguesa de Xiba, pesto de tinta e alga wakame). Unha tapa que combina sabores intensos perfectamente armonizados, cunha presentación impecable e innovadora.

Logo do reconto de 3670 votos, emitidos polos clientes dos 33 locais participantes na VII edición da Festa da Xiba, a tapa gañadora do voto popular é: A Trampa da Xiba" do Cova d'Anca cun total de 289 puntos, que se impuxo sobre a Tapa ofrecida por o Bar A Lagoa “Xiba A Lagoa”, por dous puntos e os “Cantos Rodados de Xiba” de o Mesón da Marola con 261.

O Pasatapas, gañador dun vale por 100€ para comida/cea nun dos 33 locais participantes na VII Festa da Xiba corresponde ao número 206A.  A data límite para recoller o premio nas oficinas da concellería no 3º andar do Concello ou na Oficina de Turismo será o 15 de xuño ás 14:00 horas.

Segundo O Concelleiro de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente, Liss Becerra, a calidade das tapas ofrecidas (33 receitas distintas dun dos productos por excelencia da Ría de Sada), e a numerosa participación por parte do público, supón un éxito que consolida esta festa gastronómica coma a segunda máis importante do municipio, e unha das máis importantes dentro da comarca.

Sada disfrutou do SWAP PARTY

Ademais de intercambiar roupa e discos os visitantes do evento celebrado onte en Sada disfrutaron das actividades de Sweet Subela, Eventos Ketola, e dos postos de  Bandua - Cervexa Artesanal,Decanta-t Degustacion Gourmet, Josmaga Restauracion, Catering Heladería Colón, Cerveza Artabria, Morrissey IRISH PUB, Hello Cakes e A Terraza.

Foi a celebración por primeira vez un SWAP, un mercadillo de intercambio de roupa e discos no que a concellería de Promoción Económica participou como concello comprometido co consumo de maneira responsable.

Baixo olema: “Baleira a túa casa de cousas que xa non necesitas e cámbiaas por outras que che sirvan” o evento celebrouse baixo unha carpa habilitada detrás do edificio da Terraza, no paseo marítimo.

Nesta ocasión o SWAP tivo varias categorías. Roupa e complementos de muller, home e neno, ademais de libros e discos. Ademais a primeira hora da tarde celebráronse dous talleres, un a cargo de Sweet Subela de prantas de papel e outro un taller onde se aprendeu como colocar un turbante, impartido por Eventos Ketola.

A asistencia ao SWAP foi gratuíta e aberta a todos os visitantes que se acercaron a Sada quenes valoraron tanto a decoración do evento como a calidade dos postos onde degustación cervezas artesás, vermouth galego, pratiños de arroz con marisco, croquetas de autor, xeado artesán, coctelería ou dulces caseiros.

As persoas participantes no primeiro SWAP de Sada achegaron dez prendas como máximo. Roupa e complementos de muller, home e neno, ademais de libros e obxetos que intercambiaron durante todo o día de hoxe.

 


Arquivado en:
Novas. Promoción económica, turismo e medio ambiente.

Temas:
Turismo. Medio ambente. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores. Turistas.