Sendereando por Guitiriz

28/01/2019

Sendereando por Guitiriz

O Concello de Sada organiza un roteiro pola Pedra de Díaz Castro (Guitiriz) o domingo 3 de febreiro.

LISTAXE PERSOAS CON PRAZA SENDEREANDO GUITIRIZ

LISTAXE DE AGARDA SENDEREANDO GUITIRIZ

Percorrido dunha distancia de 16.5 km e cunha dificultade técnica BAIXA, con esforzo físico MEDIO-BAIXO

Poderán participar maiores de 10 anos sempre que vaian acompañados dun adulto. Terán prioridade as persoas empadroadas en Sada (comprobarase de oficio)

Actividade gratuita (inclúe transporte, seguro e guías), os participantes deberán levar a súa comida. 

Saída ás 10.00h dende o Concello e regreso aproximado ás 18.00h 

Data límite para realizar a inscrición: 27 de xaneiro

En caso de superar as 50 inscricións , realizarase un sorteo o día 28 de xaneiro ás 10.00 na OMIX.

Para saber se tes praza deberás consultar a listaxe de admitidos o día 28 de xaneiro a partir das 13.00h nesta web ou na Oficina da Xuventude.

NOTA: As persoas que obteñan praza e desexen renunciar, deben comunicalo no teléfono 981.620331 ou no correo omixsada@gmail.com. DATA LÍMITE PARA AVISAR DA RENUNCIA: XOVES 31 de xaneiro ás 14.00h.

O feito de non comunicar a renuncia en tempo e non acudir ao roteiro implica pasar automáticamente á listaxe de agarda na seguinte salida.


Arquivado en:
Alcaldía. Novas. Avisos. Educación, xuventude e saúde.

Temas:
Turismo. Subvencións e axudas. Saúde. Mobilidade. Deporte. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.