Sendereando polo Roteiro Val de Bregua (Arteixo)

11/12/2018

Sendereando polo Roteiro Val de Bregua (Arteixo)

A Concellería de Educación, Xuventude e Saúde organiza para o 16 de decembro o Sendereando polo Roteiro Val de Bregua en Arteixo. 

Listaxe Solicitantes Sendereando Val de Bregua 


Percorrido dunha distancia de 15 km e cunha dificultade técnica MEDIO-BAIXA, con esforzo físico MEDIO-BAIXO

IMPORTANTE: ESTE ROTEIRO NON É VÁLIDO PARA PERSOAS QUE TEÑAN MEDO EN ESPAZOS REDUCIDOS E/OU PEQUENOS, ASÍ COMO Á ESCURIDADE. PARTE DO ROTEIRO TRANSCURRE POR TÚNEIS DAS ANTIGAS VÍAS DO TREN. É OBRIGATORIO LEVAR LANTERNA.

Poderán participar maiores de 10 anos sempre que vaian acompañados dun adulto. Terán prioridade as persoas empadroadas en Sada (comprobarase de oficio)

Actividade gratuita (inclúe transporte, seguro e guías), os participantes deberán levar a súa comida. 

Saída ás 10.00h e regreso aproximado ás 18.00h 

Data límite para realizar a inscrición: 10 de decembro 

En caso de superar as 50 inscricións , realizarase un sorteo o día 11 de decembro ás 10.00 na OMIX.

Para saber se tes praza deberás consultar a listaxe de admitidos o día 11 de decembro nesta web u na Oficina da Xuventude.


Arquivado en:
Novas. Avisos. Educación, xuventude e saúde.

Temas:
Saúde. Educación. Mobilidade. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA