Sendereando no Camiño por Cee - Camiño Festerra-Muxía

02/09/2019

Sendereando no Camiño por Cee - Camiño Festerra-Muxía

A concelleria de Mocidade organiza unha nova saída do programa Sendereando no Camiño o vindeiro domingo 8 de setembro por Cee

Listaxe persoas con praza Sendereando Cee


 

Roteiro por Cee - Domingo 8 de setembro

Percorrido dunha distancia de 14.5 km e cunha dificultade media-baixa.

Poderán participar maiores de 10 anos sempre que vaian acompañados dun adulto.

Terán prioridade as persoas empadroadas en Sada (comprobarase de oficio)

Actividade gratuita (inclúe transporte, seguro e guías), os participantes deberán levar a súa comida.

Saída ás 10.00h dende o Concello e regreso aproximado ás 18.00h

Data límite para realizar a inscrición: 1 de setembro

En caso de superar as 50 inscricións , realizarase un sorteo o día 2 de setembro ás 10.00 na OMIX.
Para saber se tes praza deberás consultar a listaxe de admitidos a partir dese mesmo día a partir das 13.00h na web www.sada.gal ou na Oficina da Xuventude.

É moi importante ter boas condicións de saúde para realizar as nosas rutas. Non recomendamos que sexan realizadas por persoas que teñan problemas graves de visión, lesións musculares, óseas, etc, xa que incrementa o risco de sufrir accidentes.

NOTA: As persoas que obteñan praza e desexen renunciar, deben comunicalo no teléfono 981.620331 ou no correo omixsada@gmail.com.

DATA LÍMITE PARA AVISAR DA RENUNCIA: XOVES 5 de setembro ás 14.00h.


O feito de non comunicar a renuncia en tempo e non acudir ao roteiro implica pasar automáticamente á listaxe de agarda na seguinte salida


Arquivado en:
Novas. Avisos. Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación e Mocidade.

Temas:
Saúde. Mobilidade. Medio ambente. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA