SendereAndo no Camiño por Caldas de Reis

01 / OUT / 2019

SendereAndo no Camiño por Caldas de Reis

A concellería de Mocidade organiza un novo roteiro do SedereAndo no Camiño o vindeiro domingo 6 de outubro por Caldas de Reis.

LISTAXE SOLICITANTES CON PRAZA SENDEREANDO CALDAS DE REIS 

Roteiro por Caldas de Reis. Domingo 6 de outubro. Percorrido dunha distancia de 13 km e cunha dificultade baixa.

Poderán participar maiores de 10 anos sempre que vaian acompañados dun adulto

Terán prioridade as persoas empadroadas en Sada (comprobarase de oficio)

Actividade gratuita (inclúe transporte, seguro e guías), os participantes deberán levar a súa comida.

Saída ás 10.00h dende o Concello e regreso aproximado ás 18.00h

Data límite para realizar a inscrición: 30 de setembro

En caso de superar as 50 inscricións , realizarase un sorteo o día 30 de setembro ás 10.00 na OMIX.

Para saber se tes praza deberás consultar a listaxe de admitidos a partir dese mesmo día a partir das 13.00h na web www.sada.gal ou na Oficina da Xuventude.

NOTA: As persoas que obteñan praza e desexen renunciar, deben comunicalo no teléfono 981.620331 ou no correo omixsada@gmail.com. DATA LÍMITE PARA AVISAR DA RENUNCIA: XOVES 3 de outubro ás 14.00h.

O feito de non comunicar a renuncia en tempo e non acudir ao roteiro implica pasar automáticamente á listaxe de agarda na seguinte salida.

Arquivado en