SendereAndo no Camiño por Baamonde

27/01/2020

SendereAndo no Camiño por Baamonde

O Concello de Sada organiza un Roteiro por Baamonde, Camiño do Norte o vindeiro domingo 16 febreiro

LISTADO PRAZAS SENDEREANDO NO CAMIÑO POR BAAMONDE

LISTAXE AGARDA SENDEREANDO NO CAMIÑO BAAMONDE


Percorrido dunha distancia de 14 km e cunha dificultade baixa.

Poderán participar maiores de 10 anos sempre que vaian acompañados dun adulto

Terán prioridade as persoas empadroadas en Sada (comprobarase de oficio)

Actividade gratuita (inclúe transporte, seguro e guías), os participantes deberán levar a súa comida.

Saída ás 10.00h dende o Concello e regreso aproximado ás 18.00h

Data límite para realizar a inscrición: 9 de febreiro

En caso de superar as 50 inscricións , realizarase un sorteo o día 10 de febreiro ás 10.00 na OMIX.

Para saber se tes praza deberás consultar a listaxe de admitidos a partir dese mesmo día a partir das 13.00h na web www.sada.gal ou na Oficina da Xuventude.

NOTA: As persoas que obteñan praza e desexen renunciar, deben comunicalo no teléfono 981.620331 ou no correo omixsada@gmail.com. DATA LÍMITE PARA AVISAR DA RENUNCIA: XOVES 13 de febreiro ás 14.00h.

O feito de non comunicar a renuncia en tempo e non acudir ao roteiro implica pasar automáticamente á listaxe de agarda na seguinte salida.

Arquivado en:
Novas. Avisos. Educación e Deporte. Promoción da Saúde, Cohesión Social e Voluntariado.

Temas:
Subvencións e axudas. Saúde. Medio ambente. Deporte. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude.