SendereAndo no Camiño Fisterra-Muxía tramo Negreira

08 / ABR / 2019

SendereAndo no Camiño Fisterra-Muxía tramo Negreira

ROTEIRO DOMINGO 14 ABRIL POLO TRAMO DE NEGREIRA DO CAMIÑO FISTERRA-MUXÍA 

LISTAXE PERSOAS CON PRAZA SENDEREANDO NO CAMIÑO - TRAMO NEGREIRA

LISTAXE AGARDA SENDEREANDO NO CAMIÑO - TRAMO NEGREIRA

Roteiro 14 km. Dificultade MEDIO

Poderán participar maiores de 10 anos sempre que vaian acompañados dun adulto

Terán prioridade as persoas empadroadas en Sada (comprobarase de oficio)

Actividade gratuita (inclúe transporte, seguro e guías), os participantes deberán levar a súa comida. 

Saída ás 10.00h dende o Concello e regreso aproximado ás 18.00h 

Data límite para realizar a inscrición: 7 de abril

En caso de superar as 50 inscricións , realizarase un sorteo o día 8 de abril ás 10.00 na OMIX.

Para saber se tes praza deberás consultar a listaxe de admitidos a partir dese mesmo día a partir das 13.00h na web www.sada.gal ou na Oficina da Xuventude.

NOTA: As persoas que obteñan praza e desexen renunciar, deben comunicalo no teléfono 981.620331 ou no correo omixsada@gmail.com. DATA LÍMITE PARA AVISAR DA RENUNCIA: XOVES 9 de abril ás 14.00h.

O feito de non comunicar a renuncia en tempo e non acudir ao roteiro implica pasar automáticamente á listaxe de agarda na seguinte salida.

Arquivado en