SendereAndo 2018 - Serra de Forgoselo

09 / ABR / 2018

SendereAndo 2018 - Serra de Forgoselo

Roteiro Serra de Forgoselo (As Pontes- A Capela)

Listaxe de prazas adxudicadas Forgoselo

Listaxe de agarda Forgoselo

Ruta lineal, cunha distancia de 17 km e dunha dificultade técnica MEDIA-BAIXA con esforzo físico MEDIO. Poderán participar maiores de 10 anos sempre que vaian acompañados dun adulto. Terán prioridade as persoas empadroadas en Sada (comprobarase de oficio). Actividade gratuita (inclúe transporte, seguro RC e guías), os participantes deberán levar a súa comida.

Saída ás 10.00h e regreso aproximado ás 18.00-19.00h

En caso de superar as 50 inscricións , realizarase un sorteo o día 9 de abril ás 10.00 na OMIX.Para saber se tes praza deberás consultar a listaxe de admitidos o 9 de abril a partir das 13.00h na web www.concellodesada.com ou na Oficina da Xuventude.

NOTA: As persoas que obteñan praza e desexen renunciar, deben comunicalo como derradeiro día o xoves 12 de abril no teléfono 981.620331 ou no correo omixsada@gmail.com. O feito de non comunicar a renuncia en tempo e non acudir ao roteiro implica pasar automáticamente á listaxe de agarda na seguinte salida.

Arquivado en