Seis asociacións de veciños de Sada programan unha excursión á Festa do Viño tinto do Salnés

20 / MAI / 2016

Seis asociacións de veciños de Sada programan unha excursión á Festa do Viño tinto do Salnés

As asociacións de veciños de Meirás, Veigue, Carnoedo, O Castro, Mondego e Mosteirón (O Plátano) organizan unha excursión o vindeiro sábado 4 de xuño á Festa do Viño Tinto do Salnés en Ribadumia.

A saída será as 8:30 horas dos locais de Meirás, Veigue, Carnoedo, O Castro, Mondego e Mosteirón (O Plátano), por ise ordé.

Despois da parada para o café chegarase á  Festa do Viño do Salnés onde se poderá asistir a varias catas de viño, chourizos e pan de millo da zona.

As 14:30 horas partirase cara a Caldas de Reis onte terá lugar o xantar cun menú a base de lagostinos, pescada, carne asada, sobremesas, cafés, viño e refrescos.

Unha vez terminado o xantar visitaranse diversas fontes de auga quente na zona e partirase cara a Barrosa onde se poderán visitar os muíños.

A última parada será Pontevedra onde despois de pasar a tarde na compaña de amigos e veciños finalizará a excursión e volverase de novo a Sada.

Os interesados en apuntarse á excursión poden facelo en calquera dos locais sociais nos seus horarios de apertura habitual ou no teléfono 981621151 de 17:30 a 20:30 horas de luns a venres.

Prezo excursión socios: 30?€- Non socios: 35€ .As prazas son limitadas. 

Data tope para apuntarse 31 maio.

Arquivado en