Sada tilda de boa noticia a consecución do convenio para prever inundacións na desembocadura do Río Maior

20 / FEB / 2020

Sada tilda de boa noticia a consecución do convenio para prever inundacións na desembocadura do Río Maior

- O alcalde de Sada lembra que esta “é unha actuación que o Concello de Sada ven reclamando á Xunta de Galicia desde maio de 2016”.

 -O convenio entre as tres administracións, impulsado polo Concello de Sada, servirá para realizar obras de prevención de inundacións na desembocadura do Río Maior cun orzamento de 1,5 millóns de euros.

-Desde o Concello de Sada intentarase acortar os prazos que marca a Xunta de Galicia e incluir modificacións que beneficien a situación hidráulica da zona.

Sada, 20 febreiro 2020.

O alcalde de Sada, Benito Portela, indicaba esta mañá que o convenio para a mellora do funcionamento hidráulico do río Maior, no núcleo urbano de Sada, “é unha boa noticia”. Portela lembra que esta “é unha actuación que o Concello de Sada ven reclamando á Xunta de Galicia desde maio de 2016 para minimizar o mal funcionamento, á insuficiencia de capacidade de desaugue, e os continuos atrancos dos ríos Maior e Fontoria no treito final”.

Portela lembra que “grazas á declaración de ARPSI  hoxe é unha realizade o Convenio para a realización de actuacións na zona”, de feito, subliña o alcalde, “é a  propia Xunta de Galicia quen sinala que esta actuación pode considerarse como unha primeira medida das que corresponda acometer pola declaración desta zona como Área de Risco Potencial de Inundacións, de tal xeito que contribuía a minimizar os riscos de inundación”.

Desde o Concello de Sada intentarase acortar os prazos que marca a Xunta de Galicia para e incluir modificacións que beneficien a situación hidráulica da zona.

A realización dun Convenio entre distintas administración para realizar actuacións que eviten inundacións en Sada foi unha proposta que presentou o Concello de Sada en maio de 2016 a Augas de Galicia. Logo de que o Parlamento Galego non aceptase en febreiro de 2017 unha enmenda aos orzamentos da Xunta de Galicia, que buscaba un convenio para a obra de canalización do Río Maior, o alcalde de Sada solicitou ao día seguinte unha entrevista co director de Augas de Galicia para acorder a cooperación institucional e proponer de novo un convenio de cara a facer actuacións urxentes. Portela a advertía de que as inundacións do 2016 poderían repetirse. "Estamos aquí para resolver os problemas da xente  e que poidan suceder máis inundacións en Sada é un problema grave”, indicaba naquela data o alcalde de Sada quen agora mostra a súa satisfacción pola consecución do Convenio anunciado onte por Augas de Galicia.

Catro anos de traballo para acadar unha solución para Sada.

O alcalde de Sada valoraba hoxe positivamente a consecución dun convenio entre Concello-Xunta-Deputación polo que leva traballando durante casi catro anos anos.

Desde o pasado 30 de marzo de 2016 o Concello de Sada ven realizando os pasos necesarios para lograr este futuro convenio de cara a minimizar os episodios de asolagamento como os acontecidos.

O 3 de abril de 2016 o alcalde de Sada solicitaba á Conselleira a mellora do cauce no casco urbano, dous días despois, o 5 de abril, o goberno local remitía a Augas de Galicia a certificación do acordo adoptado polo Pleno da Corporación onde se solicitaba colaboración para a execución de infraestruturas hidráulicas de urxente necesidade.

O de 13 abril 2016 Portela solicitaba unha entrevista co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, para solicitar axudas para os damnificados polo asolagamento e para solicitar actuacións urxentes na desembocadura do ría.

O 29 abril 2016 o Goberno Local encargaba o levantamento topográfico da zona do río Maior para realizar os estudos necesarios da zona de cara a buscar solución.

O 11 maio 2016 o alcalde de Sada enviaba unha carta ao presidente de Augas de Galicia onde lle indica o compromiso do Concello para colaborar e comunicáballe que o Concello está disposto a encargar os estudos e traballos técnicos que consideren oportunos para conseguir unha solución ao problema.

O 8 de  setembro 2016 o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, como presidente de Emalcsa, e o alcalde de Sada, Benito Portela, asinaron un convenio de colaboración mediante o cal a empresa municipal de augas asesorará ao concello sadense “sobre as actuacións do sistema de auga municipal máis adecuadas para o futuro en termos de eficiencia e sustentabilidade”. Mediante este acordo, as dúas institucións compartirán experiencias e coñecementos para, entre outros obxectivos, “achegarse a solucións adecuadas” no abastecemento de auga en Sada.

O 11 de novembro de 2016 o alcalde de Sada entregaba ao presidente da Diputación da Coruña o proxecto de mellora de saneamento e pluviais na zona das inundaciones. O proxecto contemplaba a substitución das redes de auga, saneamento e pluviais nas rúas Cambre, Culleredo e Abegondo e dunha parte da avenida da Coruña.

O 14 de novembro 2016 o alcalde de Sada solicitaba reunión coa Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, para mostrarlle os estudos realizados polo grupo de enxeñeiros da Universidade da Coruña (GEAMA) e EMALCSA e lémbralle que o pleno do Concello de Sada aprobobara unha moción por unaminidad que incluía na súa disposición final a solicitude a Augas de Galicia da mellora da canle do río no centro urbano.

O 29 de novembro de 2016 o alcalde de Sada, Benito Portela, trasladouse a Santiago para entrevistarse coa conselleira Beatriz Mato onde mostroulle as conclusións do estudo realizado pola Universidade no que, ademais de buscar as causas das inundacións do pasado 30 de marzo, “proponse solucións para a canalización do rio Maior”.

O 6 febreiro 2017 o Partido Popular no Parlamento votou en contra de que a Xunta consignase unha partida específica nos orzamentos para acometer o proxecto de canalización do Río Maior de Sada.

O 8 febrero 2017 Sada solicitaba unha reunión urxente coa dirección de Augas e Galicia para acordar un convenio de cooperación institucional para acometer a obra de canalización do río.

O 10 febreiro 2017 o alcalde de Sada, Benito Portela, solicitaba unha entrevista co director de Augas de Galicia para acordar un convenio de cooperación institucional para a execución da obra de canalización do río tal e como se indicaba no estudo reslizado por Geama e Emalcsa.

O 1 agosto 2017 o goberno municipal proxecta as obras en Cantalarrana para minimizar os problemas de inundacións. O alcalde xa advirte que aínda que o Concello  interven no barrio de Cantalarrana, realizando unha serie de investimentos estes “paliarán o risco de inundacións en momentos puntuais de chuvias intensas pero que non son a solución definitiva a un problema certamente máis complexo”

O 20 agosto 2019 Sada demanda da Xunta de Galicia dialogo e acordos para evitar novas inundacións. Benito Portela, trasladou á Conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Mª Vázquez Mourelle, un escrito co obxectivo de “poder falar e conveniar, á maior brevidade posible, e concretar entre ambas administracións, autonómica e local, os acordos precisos para minimizar inundacións na vila de Sada.”

No mes de outubro o alcalde de Sada reúnese coa conselleira Ethel Vázquez onde se compromete para a firma dun convenio entre Xunta, Concello e Deputación para a canalización do último tramo do Río Maior aportando cada entidade 1/3 do orzamento.

O 16 de novembro de 2019. O alcalde, Benito Portela, e o concelleiro de Obras e Servizos, Fernando Fariña, reuníronse co presidente da Deputación Provincial, Valentín González Formoso para acadar o compromiso do ente provincial na financiación dun tercio da obra de canalización do tramo do Río Maior.

Arquivado en