Sada reactiva o Feirón

08/05/2020

Sada reactiva o Feirón

O sábado 9 de maio regresa o Feirón a Sada, entre a Praza de San Roque e a rúa Linares Rivas, no seu horario de tarde con postos de productos agroalimentarios  (productos de campo, ovos, queixos, panadería ou fruta).

A concellería de Promoción Económica controlará o aforo garantindo que se cumplan as medidas de seguridade en cuanto a distancias. Haberá vixilancia e se colocará cartelería para que se respecten as normas hixiénicas.


Sada, 8 maio 2020. 

A entrada en vigor o pasado luns de Galicia na fase 0 do proceso de desescalada posibilita a reapertura do servizo de feiras para os productos agroalimentarios baixo unhas normas de saúde que garantan a seguridade das persoas e coas debidas medidas de protección e de distancia social. 

A Concellería de Promoción económica, Turismo e Emprego valora positivamente a suma de Galicia a outras comunidades como Cataluña ou o País Vasco para a reapertura destas ferias e considera que é “unha boa nova tanto para as decenas de agricultores que levan a espectativa desde que o pasado 14 de marzo suspenderase o Feirón, como para a clientela dos productos de proximidade”. 

Os postos serán  reubicados provisionalmente entre a Praza de San Roque e a Rúa  Linares Rivas. Tanto os agricultores  como consumidores terán que cumplir unhas normas de seguridade sanitaria. Os postos deberán gardar unha distancia de catro metros e as personas un mínimo de dous. Recomendase tamén que quenes acudan ao mercado leven luvas e mascariñas. 

O horario será de tarde e pechará ás 20:00 e a concellería de Promoción Económica controlará o aforo garantindo que se cumplan as medidas de seguridade en cuanto a distancias. Haberá vixilancia e se colocará cartelería para que se respecten as normas hixiénicas. Desde o Concello de Sada se informa ademáis que se suministrará material de protección individual aos vendedores dentro da campaña de reparto nas rúas e entre comerciantes e hosteleiros da vila.

 

Arquivado en:
Novas. Avisos. Sada. Promoción Económica, Turismo e Emprego.

Temas:
Economía. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude.