Sada programa o Espectáculo das Letras, Menú da Noite para o 17 de maio

02 / MAI / 2017

Sada programa o Espectáculo das Letras, Menú da Noite para o 17 de maio

-Carlos Blanco e Luis Davila actuarán o 17 de maio ás 20:00 horas no auditorio da Casa da Cultura Pintor Lloréns con “Menú de Noite”, unha historia baseada en Broadway pero con sacho na man tuneado e caldo en directo.

-As entradas para o Espectáculo das Letras poderanse mercar a un precio de 3,50€ desde o luns 8 de maio na máquina expendedora da Casa da Cultura.

Sada 2 de maio 2016.

Sada programa para o Día das Letras Galegas e desde a concellería de Normalización Lingüística, xestionada polo alcalde Benito Portela, o espectáculo das letras, “Menú da Noite”, protagonizado polo actor arousán Carlos Blanco e o ilustrador  pontevedrés Luis Davila.

Este ano o Día das Letras está adicado ao ourensán Carlos Casares. “A calidade, a vocación abertamente comunicativa e á variedade da obra de Casares concordan perfectamente coa obra que programamos” indica Portela quen subliña o carácter “irónico de Carlos Blanco, a coberturavisual e xornalística que aporta Luis Davila e o humor como nexo de unión de todo o espectáculo que lembra os artigos de Carlos Casares, un gran contador de historias é un autor que alcanza todos os xéneros e todas as idades".

As case 300 entradas (capacidade máxima do Auditorio) para o espectáculo das letras poranse á venda a partir do luns 8 de maio na máquina expendedora da Casa da Cultura Pintor Lloréns.

Carlos Blanco e Luis Davila son os artífices do Menú da Noite. O dúo do actor cómico e o ilustrador de O Bicheiro ármana con sacho en man tuneado. Caldo, sketches dinámicos, números de claqué e debuxos en directo de viñetas son as súas promesas reais. Trátase dunha sesión máis vándala, máis picante, con novos contidos e máis dinamismo.

A historia está ambientada en Broadway, con eles vestidos de esmoquin, bailando claqué, movéndose a ritmo de swing cos protagonistas triunfantes en New York. No aspecto culinario, prepárense, haberá caldo en directo, pero con sorpresa, unha escena de Cantando Baixo a Choiva. 

Arquivado en