Sada programa numerosas actividades para adultos

02/09/2019

Sada programa numerosas actividades para adultos

Desde as distintas concellerías do Concello de Sada organízanse as Actividades para Adultos para o curso 2019-2020. Actividades para Maiores de 55 anos-Envellecemento Activo, Actividades formativas para adultos, Escola Municipal de Teatro e Sendereando no Camiño.

FOLLETO INFORMATIVO ACTIVIDADES MUNICIPAIS PARA ADULTOS


  • ACTIVIDADES PARA MAIORES DE 55 ANOS - ENVELLECEMENTO ACTIVO

O Concello de Sada abre a participación nas actividades sociais dirixidas as persoas maiores de 55 anos, promovidas pola Concellería de Benestar Social e Igualdade, que teñen como finalidade contribuir a un envellecemento saudable e fomentar a autonomía persoal, promove-la participación e integración social das persoas, e previr situación de risco de exclusión social. Para elo desenvolvénse actividades Reforzo da Memoria, Ximnasia Terapeutica, Tai-chi, Ioga, Pintura e Restauración, orientadas ao fomento da calidade de vida e autonomía persoal, ao fomento da creatividade e expresión artística e a participación social.

Solicitude actividades para maiores de 55 anos.

Decreto coas Bases Reguladoras actividades maiores 55 anos.

Cartaz actividades Maiores 55 anos 

 

  • ACTIVIDADES FORMATIVAS PARA ADULTOS

O programa de actividades formativas para adultos promovido pola Concellaría Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación e Mocidade do Concello de Sada ten como obxectivo que os/as veciños/as de Sada participen en actividades de lecer e tempo libre coa finalidade de que poidan adquirir habilidades persoais e aprendizaxe de novas capacidades.

BASES PARTICIPACION NAS ACTIVIDADES FORMATIVAS ADULTOS CURSO 2019-2020

Inscrición en liña

 

  • SENDEREANDO NO CAMIÑO

A concellería de Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación e Mocidade programa ademáis Sendereando no Camiño. 

Información e inscrición na  OMIX - 981 620 331

Diferentes roteiros do Camiño de Santiago: Domingo 8 setembro, 6 outubro, 10 novembro, 15 decembro, 19 xaneiro, 16 febreiro

Horario: todo o día

Nº prazas: 50

Cota: gratuíto

 

  • ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO

A Escola Municipal de Teatro, dependente da Concellería de Cultura do Concello de Sada, oferta unha proposta no eido das artes escénicas, desenvolvéndose fóra do horario lectivo en equipamentos municipais. Os seus obxectivos céntranse, por unha parte, na creación dunha oferta socieducativa que permita o fomento de novas capacidades e por outra, como obxectivo pedagóxico desenvolver as capacidades creativas, comunicativas e expresivas do alumnado a través do xogo, a improvisación teatral e o cambio de roles.

BASES PARTICIPACIÓN NA ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO

Solicitude de praza na Escola Municipal de Teatro de Sada

Instalación: Casa da Cultura Pintor Lloréns

Periodo: Outubro-Xuño

Grupo Infantil-Xuvenil (8-15 anos): Martes 16:30 a 18:30 Cota: 10 € mes (en 2 cuotas agrupadas)

Adultos (+16 anos): Martes 19.30 a 21.30h Cota: 12 € mes (en 2 cuotas agrupadas)


Arquivado en:
Carnoedo. Novas. Meirás. Benestar Social e Igualdade. Avisos. Osedo. Sada. Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación e Mocidade. Cultura .

Temas:
Benestar Social. Subvencións e axudas. Formación. Saúde. Educación. Cultura. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA