Sada programa dez roteiros no SendereAndo no Camiño de Santiago

25/03/2019

Sada programa dez roteiros no SendereAndo no Camiño de Santiago

O Concello de Sada programa  SendereAndo no Camiño, un proxecto de interpretación do patrimonio natural e cultural a través de dez roteiros de sendeirismo por tramos do Camiño de Santiago.


Sada, 25 marzo 2019

O Concello de Sada segue a programar roteiros para os veciños e veciñas da localidade, nesta ocasión prográmanse dez roteiros por tramos do Camiño de Santiago.

O Camiño Fisterra-Muxía nos tramos de Negreira, Fisterra e Cee; a Vía da Prata no tramo de Silleda; o Camiño Primitivo no tramo de Castroverde; o Camiño Francés nos tramos de Arzúa e Melide; o Camiño Portugués no tramo de Caldas de Rei; o Camiño Inglés no tramo de Mesía e o Camiño do Norte no tramo de Baamonde, compoñen o programa que organiza o Concello de Sada desde o área de Xuventude.

Con anterioridade á data o Concello abrirá a inscrición para cada roteiro comezando polo tramo de Negreira do Camiño Fisterra-Muxía que terá lugar o 14 de abril.

En total dez roteiros que Sada organiza desde o mes de abril de 2019 ata febreiro de 2020.

 


Arquivado en:
Alcaldía. Novas. Avisos. Educación, xuventude e saúde.

Temas:
Turismo. Subvencións e axudas. Educación. Mobilidade. Medio ambente. Cultura. Deporte. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA