SADA PROGRAMA CONCILIANDO NO ENTROIDO 2020

20 / FEB / 2020

SADA PROGRAMA CONCILIANDO NO ENTROIDO 2020

A Concellería de Educación e Deporte do Concello de Sada organiza a actividade gratuita CONCILIANDO NO ENTROIDO para empadroadas/os en Sada nadas/os entre os anos 2008 e 2016 (ambos inclusive) 

LISTAXE DE PARTICIPANTES ADMITIDOS CONCILIANDO NO ENTROIDO 2020

Sada, 13 febreiro 2020.

Desde o Concello de Sada prográmase a actividade CONCILIANDO NO ENTROIDO para cubrir as necesidades das familas sadenseS durante as vacacións escolares do Entroido.

A actividade terá lugar no CEIP Pedro Barrié de la Maza de Mondego os días 24 e 26 de febreiro en horario de  08.45 a 14.00 horas.

Desde a concellería de Educación sinalan que a actividade, para a que se dispón 50 prazas,  é gratuita aínda que non dispón de servizo de transporte ata o lugar de celebración. 

Poderán participar nenas e nenos empadroados/as en Sada e nados/as entre o 2008-2016 (inclusive) mediante inscrición que pode facerse en liña a través da web municipal ou cubrindo a folla de solicitude de praza na OMIX.

A data límite de inscrición é o 19 de febreiro e en caso de recibir máis solicitudes que prazas dispoñibles, adxudicaranse mediante sorteo que terá lugar o 20 de febreiro.

 

Arquivado en