Sada programa actividades saudables nas parroquias

10/02/2020

Sada programa actividades saudables nas parroquias

A concellería de Promoción da Saúde, Cohesión Social e Voluntariado, programa actividades de Ioga, Zumba e Neuromotiva en todas as parroquias do municipio.

BASES REGULADORAS DA ACTIVIDADE ZUMBA NAS PARROQUIAS 

BASES REGULADORAS DA ACTIVIDADE IOGA NAS PARROQUIAS

BASES REGULADORAS DA ACTIVIDADE NEUROMOTIVA NAS PARROQUIAS

INFORMACIÓN E INSCRICIÓN NO EDIFICIO DE SERVIZOS ADMINISTRATIVOS DO CONCELLO DE SADA - REXISTRO MUNICIPAL - OFICINA DA CONCELLERÍA DE PROMOCIÓN DA SAÚDE


ACTIVIDADE “ZUMBA EN TODAS AS PARROQUIAS”

A actividade de “Zumba en todas as parroquias” vai dirixida a todos aqueles veciños do Concello e arredores , promovida pola Concellería de Promoción da Saúde, Cohesión Social e Voluntariado, para dotar as persoas dunha actividade fundamental á hora de rehabilitar, motivar e mellorar a vida, achegando esta actividade aos seus fogares e facilitando que percorran o Concello na procura desta práctica.

Está dirixida a todas aquelas persoas maiores de 18 anos. Excepcionalmente poderán asistir menores de entre 16 e 18 anos baixo a autorización do seu pai, nai ou titor legal.

Requisitos para a práctica: 

  • Grupo mínimo de 15 persoas por hora por parroquia.
  • Grupo mínimo de 25 persoas para a creación dunha segunda clase na propia parroquia.
  • Posibilidade de acudir, previo aviso ao monitor, asociación ou local para coñecer dispoñibilidade de prazas, a calquera parroquia do Concello para a práctica da actividade.

Requisitos para os inscritos

  • Ter 18 anos cumpridos ao remate do prazo da solicitude, así como ter cumpridos os 16 anos o día anterior do prazo da solicitude xunto coa autorización por parte do pai, nai ou titor legal.
  • Non ter débedas co Concello de Sada en anteriores actividades organizadas polo mesmo.

Inicio da actividade:

  • 17 de Febreiro de 2020.
  • Finalización: 17 de Xullo 2020. 
  • A actividade respectará os festivos locais, autonómicos e nacionais. 

 

Punto de práctica e prazas:

  • Antiga Cámara Agraria: 40 prazas
  • Casa do Pobo de O Castro (Osedo): 32 prazas
  • Local e inmoble das antigas Escolas de Carnoedo: 40 prazas
  • Casa do Pobo de Meirás: 30 prazas
  • Casa do Pobo de Veigue: 25 prazas
  • Local e inmoble das antigas Escolas de Soñeiro: 20 prazas

Forma de inscrición e prazo de presentación:

  • Ingreso de 24€ correspondente ao primeiro trimestre coa matrícula incluída, na conta bancaria ES4020805161853110007604.
  • Entregar xustificante do pago en Rexistro Municipal aportando DNI máis certificado de conta bancaria para a domiciliación dos seguintes trimestres.
  • Prazo aberto dende o 6 de Febreiro do 2020 e pechará o 28 do mesmo mes, sendo imprescindible a comunicación antes do día 15 do último mes de cada trimestre da baixa do programa no Rexistro Xeral do Concello.
  • O prazo para a incorporación de novos participantes no programa corresponderá ao último mes

Adxudicación de prazas de nova incorporación e listaxe de reserva.

a) A adxudicación das prazas de novos participantes levarase a cabo exclusivamente por orde de presentación no Rexistro Xeral do Concello ata esgotar a limitación do aforo.

b) Esgotada a limitación do aforo, crearase unha listaxe de reserva coas persoas interesadas, segundo a orde de presentación no Rexistro Xeral do Concello. No caso de existir vacantes, comunicarase segundo a orde establecida, para a súa inscrición do trimestre anterior, seguindo o mesmo procedemento que o indicado anteriormente.

Prezos e período de pagamento

  • Os prezos de aplicación para o programa de Ioga serán os que se establezan no informe de prezo público dos Servizos Económicos Municipais. Establécense tres pagos trimestrais de 24 €, segundo a ordenanza reguladora de prezo público.
  • Os servizos económicos serán os encargados de realizar os cargos correspondentes aos seguintes trimestres. En caso de querer cambiar os datos de domiciliación da conta bancaria durante o curso deberán entregar no Rexistro Xeral do Concello unha solicitude de cambio de datos aportando o novo documento de designación da conta bancaria”

 

ACTIVIDADE “IOGA EN TODAS AS PARROQUIAS”

A actividade de “Ioga en todas as parroquias” vai dirixida a todos aqueles veciños do Concello e arredores , promovida pola Concellería de Promoción da Saúde, Cohesión Social e Voluntariado, para dotar as persoas dunha actividade fundamental á hora de rehabilitar, motivar e mellorar a vida, achegando esta actividade aos seus fogares e facilitando que percorran o Concello na procura desta práctica.

Destinatarios

  • Maiores de 18 anos
  • Excepcionalmente poderán asistir menores de entre 16 e 18 anos baixo a autorización do seu pai, nai ou titor legal.

Requisitos para a práctica

  • Grupo mínimo de 12 persoas por hora por parroquia.
  • Grupo mínimo de 20 persoas para a creación dunha segunda clase na propia parroquia.
  • Posibilidade de acudir, previo aviso ao monitor, asociación ou local para coñecer dispoñibilidade de prazas, a calquera parroquia do Concello para a práctica da actividade.

Requisitos para os inscritos

  • Ter 18 anos cumpridos ao remate do prazo da solicitude, así como ter cumpridos os 16 anos o día anterior do prazo da solicitude xunto coa autorización por parte do pai, nai ou titor legal.
  • Non ter débedas co Concello de Sada en anteriores actividades organizadas polo mesmo.

Temporalización

  • Inicio da actividade:17 de Febreiro de 2020
  • Finalización: 17 de Xullo 2020.  actividade respectará os festivos locais, autonómicos e nacionais, así coma o calendario escolar.

Punto de práctica e prazas dispoñibles totais en cada parroquia, 

  • Antiga Cámara Agraria: 34 prazas
  • Casa do Pobo de O Castro (Osedo): 32 prazas
  • Local e inmoble das antigas Escolas de Carnoedo: 27 prazas
  • Casa do Pobo de Meirás: 24 prazas
  • Casa do Pobo de Veigue: 22 prazas
  • Local e inmoble das antigas Escolas de Soñeiro: 16 prazas

O Concello de Sada reservase o dereito de efectuar as modificacións nas instalacións, horarios, profesorado, etcétera, que se consideren necesarias, ou anular algunha actividade por motivos organizativos, así como incluír outras novas.

Forma de inscrición e prazo de presentación

  • Ingreso de 30€ correspondente ao primeiro trimestre coa matrícula incluida, na conta bancaria ES4020805161853110007604.
  • Entregar xustificante do pago en Rexistro Municipal aportando DNI máis certificado de conta bancaria para a domiciliación dos seguintes trimestres.
  • Prazo aberto dende o 6 de Febreiro do 2020 e pechará o 28 do mesmo mes, sendo imprescindible a comunicación antes do día 15 do último mes de cada trimestre da baixa do programa no Rexistro Xeral do Concello.
  • O prazo para a incorporación de novos participantes no programa corresponderá ao último mes-

Adxudicación de prazas de nova incorporación e listaxe de reserva.

a) A adxudicación das prazas de novos participantes levarase a cabo exclusivamente por orde de presentación no Rexistro Xeral do Concello ata esgotar a limitación do aforo.

b) Esgotada a limitación do aforo, crearase unha listaxe de reserva coas persoas interesadas, segundo a orde de presentación no Rexistro Xeral do Concello. No caso de existir vacantes, comunicarase segundo a orde establecida, para a súa inscrición do trimestre anterior, seguindo o mesmo procedemento que o indicado anteriormente.

Prezos e período de pagamento. 

  • Os prezos de aplicación para o programa de Ioga serán os que se establezan no informe de prezo público dos Servizos Económicos Municipais.
  • Establécense tres pagos trimestrais de 30 €, segundo a ordenanza reguladora de prezo público.
  • Os servizos económicos serán os encargados de realizar os cargos correspondentes aos seguintes trimestres.
  • En caso de querer cambiar os datos de domiciliación da conta bancaria durante o curso deberán entregar no Rexistro Xeral do Concello unha solicitude de cambio de datos aportando o novo documento de designación da conta bancaria.

 

ACTIVIDADE “NEUROMOTIVA EN TODAS AS PARROQUIAS”

A actividade de “Neuromotiva en todas as parroquias” vai dirixida a todos aqueles veciños do Concello e arredores , promovida pola Concellería de Promoción da Saúde, Cohesión Social e Voluntariado, para dotar as persoas dunha actividade fundamental á hora de rehabilitar, motivar e mellorar a vida, achegando esta actividade aos seus fogares e facilitando que percorran o Concello na procura desta práctica.

Neuromotiva é un novo concepto no ámbito da estimulación cognitiva, nada como “fitness mental”, coa finalidade de exercitar o cerebro con tarefas que prevén y retardan o deterioro das capacidades intelectuais favorecendo unha mellor calidade de vida mental.

Adéstranse gran variedade de habilidades cognitivas, tales coma a memoria, atención, percepción, visualización e orientación, dándolle un especial protagonismo ao linguaxe e ao cálculo, polo que cubre todas sas necesidades da estimulación cerebral. Inclúe actividades con novidades na área da ximnasia mental, inspiradas no uso do ábaco xaponés, aplicacións informáticas modernas e aneuróbica.

O exercicio cerebral é algo indispensable de cara a romper a rutina diaria que provoca o deterioro gradual danosa mente. Metodoloxía baseada nunha pedagoxía activa e moi motivadora, facilitando a realización do adestramento cerebral de forma sinxela e cómoda. 

Destinatarios A actividade de “Neuromotiva en todas as parroquias” está dirixido a todas aquelas persoas maiores de 18 anos. Excepcionalmente poderán asistir menores de entre 16 e 18 anos baixo a autorización do seu pai, nai ou titor legal.

Requisitos para a práctica

  • Grupo mínimo de 15 persoas por hora por parroquia.
  • A duración das clases é de 1 hora e 30 minutos.

Requisitos para os inscritos

  • Ter 18 anos cumpridos ao remate do prazo da solicitude, así como ter cumpridos os 16 anos o día anterior do prazo da solicitude xunto coa autorización por parte do pai, nai ou titor legal.
  • Non ter débedas co Concello de Sada en anteriores actividades organizadas polo mesmo.

Temporalización

  • Inicio da actividade: 17 de Febreiro de 2020
  • Finalización: 17 Xullo 2020 (incluído)
  • A actividade respectará os festivos locais, autonómicos e nacionais, así coma o calendario escolar.

Punto de práctica e número de prazas dispoñibles totais en cada parroquia:

  • Antiga Cámara Agraria: 15 prazas
  • Casa do Pobo de O Castro (Osedo): 15 prazas
  • Local e inmoble das antigas Escolas de Carnoedo: 15 prazas
  • Casa do Pobo de Meirás: 15 prazas - Casa do Pobo de Veigue: 15 prazas
  • Local e inmoble das antigas Escolas de Soñeiro: 15 prazas

O Concello de Sada reservase o dereito de efectuar as modificacións nas instalacións, horarios, profesorado, etcétera, que se consideren necesarias, ou anular algunha actividade por motivos organizativos, así como incluír outras novas.

Forma de inscrición e prazo de presentación

  • Ingreso de 60€ correspondente ao primeiro trimestre coa matrícula incluída, na conta bancaria ES4020805161853110007604.
  • Entregar xustificante do pago en Rexistro Municipal aportando DNI máis certificado de conta bancaria para a domiciliación dos seguintes trimestres.
  • Prazo aberto dende o 6 de Febreiro do 2020 e pechará o 28 do mesmo mes, sendo imprescindible a comunicación antes do día 15 do último mes de cada trimestre da baixa do programa no Rexistro Xeral do Concello.
  • O prazo para a incorporación de novos participantes no programa corresponderá ao último mes

Adxudicación de prazas de nova incorporación e listaxe de reserva.

a) A adxudicación das prazas de novos participantes levarase a cabo exclusivamente por orde de presentación no Rexistro Xeral do Concello ata esgotar a limitación do aforo.

b) Esgotada a limitación do aforo, crearase unha listaxe de reserva coas persoas interesadas, segundo a orde de presentación no Rexistro Xeral do Concello. No caso de existir vacantes, comunicarase segundo a orde establecida, para a súa inscrición do trimestre anterior, seguindo o mesmo procedemento que o indicado anteriormente.

Prezos e período de pagamento

  • Os prezos de aplicación para o programa de Ioga serán os que se establezan no informe de prezo público dos Servizos Económicos Municipais. Establécense tres pagos trimestrais de 60 €, segundo a ordenanza reguladora de prezo público.
  • Os servizos económicos serán os encargados de realizar os cargos correspondentes aos seguintes trimestres. En caso de querer cambiar os datos de domiciliación da conta bancaria durante o curso deberán entregar no Rexistro Xeral do Concello unha solicitude de cambio de datos aportando o novo documento de designación da conta bancaria

 


Arquivado en:
Carnoedo. Novas. Meirás. Mondego. Mosteirón. Avisos. Osedo. Sada. Soñeiro. Veigue. Promoción da Saúde, Cohesión Social e Voluntariado.

Temas:
Benestar Social. Subvencións e axudas. Saúde. Deporte. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA