Sada pavimentará en horario nocturno diversas rúas do centro urbano.

23/02/2020

Sada pavimentará en horario nocturno diversas rúas do centro urbano.

-As obras servirán tamén para elevar os pasos de peóns á altura das aceras na entada do Instituto, fronte á rúa Abegondo, na rúa Lagoa e na rúa da Praia.


Sada, 24 febreiro 2020.

Entre o 25 eo 28 de febreiro procederase, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan, ao acondicionamento do pavimento das rúas Venezuela e Lagoa (no tramo que vai dende a rotonda do Rompeolas ata o cruce do Pavillón Municipal) e da rúa da Praia.

Tendo en conta as lonxitudes dos treitos, o tráfico que soporta a zona ao longo do día e o desprazamento de maquinaria e camións que ditos traballos requiren, o departamento de Obras e Servizos do Concello de Sada, xunto cos técnicos da empresa executante, optaron por desenvolver estes traballos en horario nocturno.

Desta maneira a obra realizarase conforme ao seguinte programa:

1º.- Entre as 21:00 horas do martes 25 e as 07:00 horas do mércores  26 de febreiro levarase a cabo a pavimentación do treito entre a rotonda do Rompeolas e a de Cantalarrana, así como o fresado da recta do Instituto Isaac Díaz Pardo.

2º.- Entre as 21:00 horas do mércores 26 e as 07:00 horas do xoves 27 de frebreiro realizarase a pavimentación do tramo que vai da rotonda de Cantalarrana ao cruce do Pavillón Municipal, asemade do fresado da rúa da Praia.

3º.- Entre as 21:00 horas do xoves 27 e as 07:00 horas do venres 28 de frebreiro procederase á pavimentación da rúa da Praia na súa totalidade.

Co obxectivo de realizar a obra nas mellores condicións e obtermos un resultado óptimo e buscando entorpecer o mínimo posible a rutina diaria dos veciños e veciñas de Sada, desde el Concello de Sada solicítase a colaboración e comprensión de todas/os os vceciños e veciñas agardando saiban entender as molestias que se poidan producir.

Pasos de peóns elevados.

As obras servirán tamén para colocar os pasos de peóns á altura das aceras, para que o transito sexa continuo nos mesmos tal e como se realizou na entrada do aparcadoiro de A Terraza.

Deste xeito de elevarán os pasos de peóns diante da entrada do Instituto, fronte á rúa Abegondo, na rúa Lagoa e nos dous pasos de peóns da rúa da Praia. 

Arquivado en:
Novas. Avisos. Sada. Obras e Servizos.

Temas:
Urbanismo. Mobilidade. Participación cidadá. Obras e servizos.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA