Sada ofrece autobús gratuíto para acudir ao exame de competencias clave en Silleda

03 / MAI / 2017

Sada ofrece autobús gratuíto para acudir ao exame de competencias clave en Silleda

O Concello de Sada a través da Concellería de Urbanismo e Emprego, que dirixe Francisco Montouto, organiza dentro do Plan de Formación Municipal para o Emprego a viaxe para a realización do exame de competencias clave que terá lugar en Silleda.

Data: 13 de maio de 2017

Saída: Ás 7:00 h. na parada de autobús do Concello, Avda. da Mariña, 25

Retorno: ao rematar o exame pola tarde (en torno ás 20:30 h. chegarase a Sada)

Requisitos: estar empadroado/a en Sada e inscrito/a ao examen

Selección por rigorosa orde de inscrición, 53 prazas

Prazo: Ata o mércores 10 de maio ás 14:00 h.

GRATUÍTO

Inscrición para ir no Autobús ao exame de competencias clave

Arquivado en